
A III Gala do Deporte do Concello de Muros celebrarase o sábado 19 de decembro no auditorio do Centro Cultural.
O prazo de presentación de candidaturas remata ás 14:00 horas do 4 de decembro.
“A terceira edición xa dunha gala moi especial para recoñecer publicamente o esforzo, a dedicación, a entrega e os valores que a través do deporte transmiten os clubs, entidades e deportistas de Muros”, sinalou estes días o concelleiro de Deportes, Damián Torea.
Haberá tres tipos de galardóns diferenciados: premios deportivos anuais (mellor deportista feminina do concello, mellor deportista masculino do concello, mellor club do concello, promesa masculina máis destacada, promesa feminina máis destacada, especial da veciñanza e mellor evento deportivo municipal), un recoñecemento especial do Concello e mencións especiais.
As bases completas da gala e formulario para as candidaturas pódense consultar na web municipal.






