Galicia vivirá este domingo, 29 de novembro, unha xornada de recuperación atmosférica tras o paso dunha fronte durante a tarde-noite anterior. A atmosfera irá gañando estabilidade conforme avance a mañá, aínda que o día comezará con restos de inestabilidade. Durante os próximos días esperase tempo seco e sol
Segundo as previsións meteorolóxicas, durante a madrugada aínda poderá rexistrarse algún chuvasco, con maior probabilidade nas provincias de Ourense e Lugo. Co avance das horas, esta situación dará paso a unha alternancia de nubes e claros en boa parte do territorio, incluíndo as Rías Baixas e a comarca de Santiago de Compostela.
No apartado térmico, as temperaturas irán en descenso ao longo da xornada, deixando unhas últimas horas bastante frías.(máximas 14 a 17 graos).
Pola súa banda, os ventos soprarán frouxos de compoñente nordés en xeral, alcanzando intensidade moderada ao longo do litoral atlántico.

O noso mar: Vento do norte á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 4 á mañá, 3 a 5 á tarde e 2 a 4 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 2.5 metros. (meteogalicia).
PREVISION DO TEMPO PARA OS PRÓXIMOS QUINCE DIAS:







