O escritor e profesor José Luis Romero presentará “Volver a conocernos” en Noia

01 Abril 2022

O vindeiro xoves 7 de abril ás 20:30 horas presentarase o libro Volver a conocernos do profesor e escritor José Luis Romero (Córdoba, 1977) na Casa da Cultura de Noia. Interveñen Manuel Seijas, José Pérez e o escritor, nunha charla coloquio coa que se dará paso á temática do libro e que estará aberta ás consultas dos asistentes.

Sinopse

Segundo fai saber a editorial (Ediciones B), Volver a conocernos cóntanos a historia “dun pai e un fillo como poderiamos ser calquera, cos silencios ruidosos, os segredos a voces e as sutilezas que fan das relacións máis íntimas, tamén, as máis complicadas”. O argumento ponnos na pel de Hugo, que ten sete anos e que vive o proceso de divorcio dos seus pais. Mentres se deciden os termos da separación, o seu pai reflexiona sobre o tempo que non pasou co neno, sobre o moito que delegou na nai de Hugo e sobre o pouco que se coñecen en realidade. É entón cando entende que, nunha nova rutina deberá reconquistalo, algo que só conseguirá a través da literatura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...