Noia aposta polos bancos a proba de actos vandálicos para o seu paseo marítimo

07 Abril 2022

A Concellería de Parques e Xardíns e a Concellería de Obras de Noia veñen de facer unha actuación conxunta para mellorar a contorna do paseo marítimo e incrementar o equipamento de lecer. Trátase da colocación de bancos antivandálicos de ferro fundido.

Segundo sinalaron os dous departamentos locais, con estes novos equipamentos súplese o baleiro deixado polos bancos previos, que tiveron que ser retirados debido aos actos incívicos que remataron por estragalos. Os novos, a diferenza dos que foron desbotados, están ancorados ao chan para evitar que se despracen ou sexan roubados ou vandalizados. “Dende o Concello de Noia insistimos en pedir respecto para o que é de todos e de todas, esperando que estes novos bancos poidan ser desfrutados por toda a veciñanza”, sinalaron fontes do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...