O debuxante noiés Fon Barreiro ofrece este sábado un obradoiro de cómics para a rapazada

01 Abril 2022

Con motivo da celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil, que se festexa este 2 de abril, o departamento de Cultura de Noia organizou unha actividade creativa de moito interese para as novas xeracións: un Obradoiro de Cómic impartido polo debuxante noiés Fon Barreiro.

A actividade celebrarase este sábado 2 de abril na Biblioteca Municipal. Desenvolverase en dúas sesións dividindo á rapazada por idades: na primeira sesión participarán as crianzas de 8 a 10 anos (de 10.30 a 12.00 horas) e na segunda, de 11 a 13 anos (de 12.30 a 14.00 horas). Amais, entre as 12.00 e as 12.30 horas Fon Barreiro está filmando libros na biblioteca. As inscricións poden facerse no correo programacionconcellodenoia@gmail.com e no teléfono 981-82-41-69 (en horario de 08:30 a 14:30 de luns a venres).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...