Este sábado proxéctase no Coliseo Noela de Noia o documental “A virxe roxa”

06 Abril 2022

O vindeiro sábado 9 de abril Cultura de Noia organiza a proxección da película A virxe roxa, documental dirixido por Marcos Nine e producido por Recrea Films. Será ás 20.30 horas no Coliseo Noela. Ao remate do filme desenvolverase un coloquio sobre a temática do mesmo. As entradas (de balde) cómpre solicitalas a través do correo programacionconcellodenoia@gmail.com, enviando datos como o nome e o DNI da persoa solicitante e o número de prazas que se precisan reservar.

O filme nárranos o asasinato de Hildegart Rodríguez a mans da súa nai Aurora, en 1933, dando forma a un documental experimental que recrea a conmoción sufrida pola sociedade española a raíz dun crime que serviu para converter a Hildegart Rodríguez nun referente para a esquerda da época. A película de Nine xunta testemuñas de expertos, imaxes de películas de principios do século XX e ilustracións do artista plástico Alberto Taracido, entre outros documentos e fontes que contribúen, en palabras da produtora, a “crear un conxunto hipnótico”.

Apoiado na narración de Antonio Durán Morris, e as interpretacións das actrices María Vázquez e Nerea Barros (que poñen voz aos pensamentos das dúas protagonistas), o documental é un achegamento directo a dúas vidas, as de Aurora e Hildegart, que reflicten os graves problemas da sociedade machista e reaccionaria daquel tempo (moitos deles aínda presentes).

Hildegart Rodriguez foi unha brillante e reputada intelectual dos anos previos á Guerra Civil. Con só dezaoito anos, era unha das mulleres máis destacadas da Segunda República española. Publicou varios libros sobre educación sexual e o papel da muller na sociedade moderna, foi xornalista e membro do partido socialista.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.