O BNG leva ó Parlamento a execución do plan de recuperación da Ría de Noia

11 Abril 2022

A portavoz nacional, Ana Pontón, mantivo un encontro con responsables da Confraría de Noia para analizar a situación do sector do marisqueo nunha das rías máis produtivas de Galiza, con máis de 2.000 postos de traballo, pero non exenta de amezas que foron analizadas no encontro co BNG.

“As nosas rías son unha da maiores industrias do País, fonte de xeración de riqueza e de postos de traballo e por iso temos que coidalas máis para mellorar a calidade das súas augas a través de actuacións de saneamento integral e conseguir maximizar o seu potencial”, salientou a líder nacionalista.

Neste sentido, o BNG recibiu como boa nova o anuncio dun plan de saneamento para a Ría de Noia, e rexenerar un espazo que ten unhas condicións extraordinarias, “pero hai que pasar das palabras, dos anuncios ós feitos e que eses plans de saneamento se executen”. Sen ir máis lonxe, subliña, a formación nacionalista levou recentemente ó Parlamento unha iniciativa para avanzar nesa execución cun primeiro paso, “que consistía en dotar de 1,3 M€ a posta a punto da depuradora de Noia, pero o PP votou en contra” na Cámara galega.

O Goberno do PP, indicou, “ten a obriga de executar ese plan de saneamento e de nada valen os anuncios senón se plasman nos orzamentos, nin se executan”, alegou a líder do Bloque. Pontón avanzou que a súa formación “volverá reclamar no Parlamento e tamén desde todos os concellos da ría que PP cumpra coas medidas anunciadas de saneamento, “porque está en xogo non só unha cuestión medio ambiental de primeiro nivel, senón tamén un sector económico puxante e estratéxico que ten moito futuro”.

A outra cuestión abordada no encontro estivo en relación á posible afectación da Mina de San Fiz na actividade marisqueira e do conxunto do sector pesqueiro, sobre todo, tendo en consideración os antecedentes. “Hai que ser moi escrupulosos na avaliación dos impactos ambientais ante unha actividade mineira porque é evidente que nada debe poñer en risco a actividade marisqueira da ría, un dos grandes motores económicos da comarca do Barbanza, da que viven miles de familias e hai que seguir apoiando e potenciando”, alegou a portavoz nacionalista.

E, unha terceira cuestión que se puxo sobre a mesa foi a mellora do coñecemento do mar así como o peche de ciclos produtivos, cuestións nas que está moi implicada a confraría de Noia, “exemplo dun pósito que está poñendo todo da súa man para avanzar nesa dirección, apostando pola calidade do produto, unha liña de traballo na que se debe continuar”, valorou Pontón, quen parabenizou á confraría pola súa iniciativa.

Pero hai que ir máis aló “é facer unha aposta estratéxica” pola investigación e pola transformación do produto precisamente a través de procesos de  I+D+i. Nesa dirección, desde o BNG apúntanse á antiga instalación da fábrica de Calvo en Esteiro para que, previa adquisición pola Administración pública, fose un centro para albergar proxectos de investigación e desenvolvemento que xeren valor engadido, “man a man co sector do mar”, concluíu.

No encontro cos responsables da confraría de Noia tamén participou a portavoz parlamentaria de Pesca, Rosana Pérez, e a responsable comarcal Sol Agra, xunto coa líder do Bloque, quen agradeceu a visita e as aportacións dos responsables do pósito.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.