A rapazada do CEIP de Portosín coñeceu o labor das mariscadoras e mariscadores de Testal

06 Abril 2022

As nenas e nenos do CEIP de Portosín (Porto do Son) participou os días pasados nas accións de divulgación e concienciación programadas pola campaña Ti si ques un bo peixe, impulsada pola Consellería de Mar coa finalidade de estender e afianzar na nenez e na adolescencia o consumo de produtos de mar. A rapazada de Portosín tivo ocasión de ver cos seus propios ollos, na praia de Testal (Noia), o traballo das persoas mariscadoras de Noia, quen explicaron o seu labor e a importancia económica, alimentaria e ambiental que ten o traballo que desenvolven nas praias e no mar.

Foi unha visita interpretativa realizada en varios capítulos: primeiramente coñecendo as metodoloxías principais de extracción e as especies coas que se traballa (sobre todo berberecho e ameixa, aínda que non son as únicas) e logo dando canto dos procesos para levar o produto á lonxa e á depuradora da confraría. Para rematar os escolares foron obsequiados cun bolsa con produtos do mar.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.