Os mariscadores da Confraría de Pescadores de Noia e da agrupación de marisqueo a pé recolleron este mércores preto de 12 toneladas de bivalvos mortos na ría de Muros e Noia, nunha nova xornada marcada pola elevada mortaldade provocada polas borrascas deste inverno....
Xoves 19 con nubes e subida das temperaturas nas Rías Baixas e Santiago
As comarcas das Rías Baixas e a área de Santiago continuarán este xoves 19, festividade de San Xosé e festivo autonómico, cun día marcado por ceos con nubosidade de tipo medio e alto, que non impidedirán o paso do sol. Pola tarde poderán desenvolverse nubes de...
UCIN Galicia denuncia o abandono do Castelo da Rocha Forte e reclama un plan urxente de protección do patrimonio
A formación UCIN Galicia denunciou o estado de abandono de varios bens patrimoniais de relevancia na comunidade, entre eles o Castelo da Rocha Forte, en Santiago de Compostela, unha das fortalezas máis destacadas da Galicia medieval. O coordinador da organización,...
Xornada variable o mércores 18 nas Rías Baixas e Santiago, con risco de chuvascos e treboadas locais
As comarcas das Rías Baixas e a área de Santiago quedarán este mércores 18 nunha situación meteorolóxica intermedia, influenciadas pola borrasca "Therese" situada ao oeste de Lisboa e polas altas presións sobre o continente europeo. Este escenario favorecerá a entrada...
O Consorcio de Santiago presenta no Museo do Pobo Galego o libro ‘Santiago proxectado, arquitecturas non construídas’
O Consorcio de Santiago e Teófilo Edicións presentaron este martes no Museo do Pobo Galego a publicación Santiago proxectado, arquitecturas non construídas, unha obra de Paula Franjo Calvo, Fernando Franjo Franjo e Santiago Rodríguez Caramés. No acto participaron...
Rueda destaca un investimento de 43,2 millóns para mellorar o saneamento en Vilagarcía de Arousa
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, salientou o compromiso do Goberno autonómico coa mellora do saneamento en Vilagarcía de Arousa a través dun conxunto de actuacións que suman un investimento global de 43,2 millóns de euros. Durante unha visita aos...
Rescatados os seis tripulantes dun pesqueiro afundido na entrada da ría de Muros-Noia
Os seis tripulantes dun pesqueiro foron rescatados tras afundirse a embarcación na entrada da ría de Muros e Noia, segundo informou o servizo de emerxencias. O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 08:40 horas a través dun aviso de Salvamento Marítimo, que...
Os Xardíns de Valle-Inclán acollen unha exposición sobre “A Camelia na provincia da Coruña”
Os Xardíns de Valle-Inclán acollen desde hoxe a exposición A Camelia na provincia da Coruña, unha mostra itinerante organizada pola Asociación Española da Camelia co financiamento da Deputación da Coruña. Na inauguración participaron a concelleira de Turismo,...
Terio Carrera será o pregoeiro das Festas da Pascua de Padrón 2026, que contarán coa tradicional Feira Cabalar
O Concello de Padrón deu a coñecer dous dos principais atractivos das Festas da Pascua 2026: o nome do pregoeiro e os detalles da tradicional Feira Cabalar, unha das citas máis emblemáticas do calendario festivo galego. O xornalista deportivo Terio Carrera será o...
A Xunta acorda coas confrarías un novo baremo para acceder ao marisqueo a pé en Galicia
A Consellería do Mar acordou coas tres federacións provinciais de confrarías de pescadores e coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores o novo baremo que rexerá a valoración das solicitudes para obter o permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé. O...
AGPAS abrirá unha nova sede en Noia-Barbanza para reforzar a prevención do suicidio
A Asociación Galega de Prevención e Apoio ante o Suicidio (AGPAS) abrirá unha nova sede de atención na comarca de Noia-Barbanza co obxectivo de achegar servizos de prevención, acompañamento e orientación ás persoas que o precisen nesta zona. A posta en marcha desta...
“El pesimismo no es un destino”. José Castro López
Vivimos tiempos convulsos que están instalando en la sociedad una inquietud querecuerda a otras épocas de gran incertidumbre. La percepción de que el orden mundialnacido tras la Segunda Guerra Mundial se está resquebrajando genera tensionesgeopolíticas y problemas...
“O Intecmar consolídase como centro de referencia para garantir a seguridade alimentaria”. Antón Luaces
A importancia da seguridade e da salubridade dos produtos do mar de Galicia foi posta en evidencia este luns en Santiago de Compostela pola directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), no decurso dunha charla centrada...
Tempo seco e ceos despexados o martes nas Rías Baixas e Santiago
As comarcas das Rías Baixas e a área de Santiago continuarán este martes 17, San Patricio, baixo a influencia anticiclónica, nunha situación de estabilidade que deixará unha xornada sen precipitacións. Durante as primeiras horas do día poderán rexistrarse néboas no...
Padrón entrega a Fran Fernández Dávila o XXXV Premio Literario Camilo José Cela
O Concello de Padrón entregou o XXXV Premio Literario Camilo José Cela ao escritor e enxeñeiro industrial Fran Fernández Dávila pola súa obra A lingua dos ósos. O galardón está dotado con 1.500 euros e unha estatuíña co busto do premio Nobel. A entrega tivo lugar na...
“In Memoriam: Fernando Franco”. Alberto Barciela
Galicia pierde a la pluma que retrató el alma de Vigo La noticia llega desde Salamanca con el peso de una marea baja y definitiva: ha muerto Fernando Franco. Se nos va el cronista, el periodista de raza, pero sobre todo se nos va un estilo de entender la vida que...
A Deputación da Coruña e a USC impulsan a exhumación e identificación de vítimas do franquismo en Serantes, Boisaca e Beira
A Deputación da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) colaborarán na investigación, exhumación e identificación de vítimas da represión franquista en tres puntos da provincia: as fosas de Serantes, en Ferrol; Boisaca, en Santiago de Compostela; e...
Rois asinará coa Xunta e Seaga un convenio para reforzar a prevención de incendios forestais
O pleno do Concello de Rois aprobou por unanimidade na sesión ordinaria celebrada o pasado venres a adhesión ao convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a consolidación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, unha medida destinada a...
Tempo estable o luns 16 con néboas matinais e subida das temperaturas. Empeza o tempo seco e sol.
As comarcas das Rías Baixas e a área de Santiago vivirán este luns 16 unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica debido á influencia das altas presións sobre Galicia. A situación deixará un día sen precipitacións, con presenza de néboas matinais que poderán...
A Xunta abre o martes o prazo para solicitar máis de 10.500 prazas nas escolas infantís públicas para o curso 2026-2027
A Xunta de Galicia abrirá o vindeiro martes, 17 de marzo, o prazo para que as familias galegas soliciten unha das máis de 10.500 prazas ofertadas nas escolas infantís públicas autonómicas de cara ao curso 2026-2027. Este será o quinto curso consecutivo no que a...
Investigan o atropelo dun mozo nun paso de peóns no centro de Boiro tras darse á fuga o condutor
Un mozo resultou ferido na noite de onte tras ser atropelado por un turismo no casco urbano de Boiro, nun accidente no que, segundo as testemuñas, o condutor do vehículo implicado abandonou o lugar sen deter a marcha. O suceso produciuse poucos minutos despois das...
“A grandeza dos líderes”. Luís Celeiro
Ruxía el e ruxíanlle os dentes. Estaba acovardado por aquel ruído e aquel tremor do seu corpoenteiro, dende a cabeza ata a mesma punta dos pés. Ao parecer o tremor era máis intenso na súaparte dereita, na perna dereita, no brazo e no ombreiro da dereita, na orella...
O Comité logra arrincarlle a Eolo unha suave brisa e completa dúas probas na xornada dominical da clasificatoria de Optimist en Portosín
O Comité de Regatas, do mesmo xeito que na xornada inaugural da clasificatoria de Optimist organizada esta fin de semana polo Real Club Náutico Portosín, logrou finalmente arrincarlle a Eolo unha lixeira brisa mariña na ría de Muros e Noia, onde o vento volveu...
Médicos galegos maniféstanse en Santiago para esixir a Sanidade retomar as negociacións
Un grupo de médicos de atención primaria e hospitalaria de Galicia saíu este sábado á rúa en Santiago de Compostela para reclamar á Consellería de Sanidade que retome as negociacións co obxectivo de poñer fin á folga indefinida convocada polo sindicato O'Mega, que...
Domingo de transición con nubes e apertura de claros nas Rías Baixas e Santiago
O tempo deste domingo 15 estará marcado por unha situación de transición meteorolóxica, cunha progresiva influencia das altas presións que favorecerá unha melloría gradual das condicións ao longo da xornada, especialmente nas Rías Baixas e na área de Santiago de...
O talento tecnolóxico da Pobra e Ribeira destaca na First Lego League Galicia celebrada en Ferrol
O talento tecnolóxico da comarca do Barbanza brillou con forza na duodécima edición da First Lego League Galicia, celebrada este sábado no campus universitario de Ferrol. O equipo Robot City Pobra, pertencente á academia Academia Mega de Ribeira, acadou o primeiro...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“A la luz de los años”. Alberto Barciela
Llegar a los sesenta y cuatro años es alcanzar un mirador sereno desde el cual se contempla el paisaje vivido sin el vértigo de las primeras cumbres. Me presento a esta nueva vuelta al sol con la misma curiosidad que me ha guiado siempre, aprudentado pero jamás...
“MUGART, o museo do múltiplo”. Xosé Antonio López Silva
Por definición, un museo é o templo do único. Acudimos a el coa idea de contemplar a peza irrepetible, o orixinal que non existe en ningún outro lugar do mundo. Hai, xa que logo, un fermoso paradoxo no feito de que o MUGART, o Museo do Gravado, sito en Artes...
“Quen manda no PP: Feijoo ou Ayuso?”. Antón Luaces
O actual presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijoo, fai súa a lei do concibido impulsada pola presidenta da comunidade madrileña, Isabel Díaz Ayuso. Esta asunción dunha lei cando menos moi contradictoria, ten un referente: Feijoo, daquela presidente da Xunta de...
“La canción del verano”. José Antonio Constenla
Hay tradiciones que anuncian el verano mejor que el calendario. Las fiestaspatronales, las terrazas llenas y las grandes orquestas. Hubo un tiempo en quela canción del verano se elegía entre Georgie Dann, Los del Río o cualquierotro artista capaz de poner a medio país...
“Sinais”. Lois Alcayde Dans
O outro día, nun xantar familiar, un dos compadres que estaba connosco diante dunhas excelentes viandas fixo un comentario que me chamou a atención, pois, como saben, os reloxos da vida non adoitan recollerse en números exactos, senón a través de fincas sen muros,...



























