Alumnado do IES N.º1 de Ribeira recolle preto de 30 kg de residuos na praia de Coroso

16 Maio 2026

Estudantes de 4.º da ESO do IES N.º1 de Ribeira participaron recentemente nunha actividade do Programa de Ciencia Cidadá sobre Lixo Mariño do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), consistente na limpeza da praia de Coroso.

Durante a xornada contabilizáronse 1.752 residuos e recolléronse 29,15 quilogramos de lixo, destacando material de pesca (cabos e cordas), cabichas, plásticos e outros desperdicios.

C.R.

A comunidade educativa do centro amosa a súa preocupación “pela elevada cantidade de residuos plásticos atopados recentemente na praia de Coroso, un dos espazos naturais máis importantes e frecuentados do municipio de Ribeira”. En consecuencia, solicitan ao Concello un conxunto de medidas que contribúan a reverter a situación e concienciar á cidadanía sobre a importancia de manter as contornas libres de residuos.

O concelleiro de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, agradece a disposición do instituto “por participar nunha actividade que non só fai que o alumnado creza a nivel académico, senón tamén persoal. Grazas por dedicar parte do voso tempo a limpar este areal; unha acción que redunda positivamente no conxunto da cidadanía. E tódalas suxestións son benvidas”.

O edil indica tamén que o Concello de Ribeira traballa xa en medidas encamiñadas a “sensibilizar sobre a importancia de preservar os nosos espazos naturais, pois consideramos que a educación é a base de todo. E, por suposto, tamén tomamos acción con medidas concretas como, por exemplo, a xornada de limpeza do

Outros artigos

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ofrenda” – Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...