O Grupo Balteira anima a Praza de España de Porto do Son no Día das Letras Galegas

17 Maio 2026

A Praza de España de Porto do Son encheuse este sábado pola noite de música e ambiente festivo coa actuación do Grupo Balteira, nunha xornada organizada con motivo do Día das Letras Galegas. O grupo, cuxo nome rende homenaxe a María Balteira, a soldadeira medieval de Betanzos, puxo a nota musical a unha celebración centrada na difusión da cultura galega.

Ao mesmo tempo, un concelleiro local participou na iniciativa cun posto de libros da asociación Barbantia, no que se repartiron exemplares de Cunqueiro en Porto do Son e Actas do Concello de Porto do Son, ademais doutros materiais promocionais municipais, como o cartel “Prohibido deixar obxectos no peirao”. A acción buscaba achegar as letras galegas á veciñanza e converter a xornada nunha ocasión de encontro arredor da lectura e da identidade cultural.

A proposta foi ben recibida polas persoas asistentes, entre elas varias que se atopaban de vacacións na zona e que se levaron un dos libros de agasallo. “Non sabía que era o Día das Letras Galegas, moitas grazas!”, comentou unha das persoas beneficiadas pola iniciativa.

A programación cultural completouse cun recital de poesía ás 18.00 horas na Casa da Cultura, nun ambiente máis íntimo e participativo. O conxunto da celebración foi valorado como un éxito e reforzou o compromiso de Porto do Son coa promoción da lingua e da cultura galegas. Luís Pérez Crujeiras

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...