“O Barbanza: sete anos de xornalismo independente”

17 Maio 2026

Hai sete anos, o 17 de maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación.

Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos na publicación dunha revista mensual e dun diario dixital de ámbito comarcal que chegariamos ós concellos da beira norte Arousa. Poucos meses despois ampliamos a nosa cobertura e incluímos tamén os concellos da ría da Estrela, é dicir Muros e Noia, e pouco a pouco imos incorporando máis municipios.

A edición impresa do O Barbanza segue a ter unha periodicidade mensual, cunha tirada media por número de 7.000 exemplares, e unha distribución que abrangue os concellos das dúas rías, ademais de Santiago. Trátase dunha publicación que conta cunha ampla distribución, sen esquecer a edición dixital, con meses que superan os 120.000 usuarios únicos, é dicir case catro mil lectores de media por día.

Evidentemente na edición papel, non tratamos de ser un medio de actualidade inmediata, para iso está a edición dixital que a diario sube noticias da comarca e que se apoia tamén nas redes sociais, sempre contando coa colaboración dos lectores e veciños.

E como non o agradecemento especial ós nosos colaboradores e articulistas que nos deleitan cos seus textos.

E quen está detrás desta aventura? Como comentamos ao principio, un grupo de profesionais da comarca que edita desde hai máis este ano fará cinco lustros, a revista mensual Código Cero e a web diaria codigocero.com dedicadas a ciencia e tecnoloxía de Galicia.
Unha publicación a de papel, que se distribúe en todo o pais e que na súa edición dixital, codigocero.com, chega diariamente a máis de 3.000 subscritores cun boletín de novas tecnolóxicas de balde e que conta con preto de 20.000 usuarios únicos/día e con varios milleiros de seguidores en redes sociais. Pero non é todo, tamén a editorial publica libros e revistas e fai proxectos editoriais para institucións, organismos e empresas.

Pero volvendo o balance destes cinco anos de O Barbanza, cremos que logramos o que dicíamos na nosa primeira editorial: “Ser un medio o mais neutral posible, algo difícil, pero por intentalo que non sexa”.

As felicitacións de institucións, partidos, organismos, asociacións, fundacións, empresas e sobre todo dos lectores así o amosan ata converternos nun dos medios de comunicación de referencia da comarca.

Nacíamos con moita ilusión e así seguimos, e agardamos que saiban perdoarnos polos erros que cometemos nesta aventura, pero iso si, continuamos precisando do seu apoio e colaboración para poder contarlles historias cada mes e cada día. Non dubiden en escribirnos a redaccion@obarbanza.gal.

Moitas grazas e agardamos xa as súas suxestións e propostas. Vémonos no próximo número.

O Equipo de “O Barbanza“

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.