“A delgada liña come millo patentado” (“feed from the still-vexed island”) – Tonio Nóvoa

02 Setembro 2026

PLAY

zootecnia para señoritas,

zootecnia para o martes,

zootecnia porque si

e porque non andar a catro patas

queda feo durante a epístola do trileiro.

E OS MOZOS QUE LÓ!!!

transhumar, transhumar,

arre coño!

e para ir a onde?

que o diñeiro é gratis.

ou?

que o tempo cobra por cabeza.

ou que?

un aparello da sardiña,

trece homes:

oito negros catro mouros,

salabardean.

un branco

mira.

queres choio doce?

ven, imos chicar o mar.

pagamos mil e pico euros, neto.

e só tes que facer os cursos, e unha proba

de saber rir as chanzas do mando.

imos indo mentalmente

in vigilando.

(

absterse ir indo.

)

SCROLL

semellanza do santo co porco,

semellante Calibanio

semellante Prospeiro

semellante rexente

sen a tatú dos domingos,

amoreando os debedores

pola porta de atrás do cortello

en Paloalto, California.

mandou ó home para a fábrica.

mandou á muller para a casa.

e todo, todo, literatura.

todo

por non acudir á cita

do oculista.

MANDA CARALLO, SEÑOR MARX!!!

(

Hospital Barbanza:

21 agosto 11.15 h oftalmoloxía.

)

unha para aprender.

a Lei outorga.

que outorga?

unha cabra.

unha ladaíña.

unha hibris con esporas.

un épico desterro

encarreirado pola bolina administrativa.

Arielio miserable Arielio:

arrastras a diabete

cómeche o cancro.

o cancro dos mandados.

esquece a insulina.

vendiches a alma da illa ó mago.

non haberá insulina para os traidores.

viva a festa da escama!

viva o protector solar!

levala para casa a trece e pico euros o quilo.

viva a sardiña,

viva o turista,

viva san xoán san cristobo e santa uxía!

lahostia qué barato está el pescao, churri!

MANDA CARALLO, SEÑOR MERCADO!!!

(

transhuma Calibanio.

a illa non da merendas polo entroido.

)

SCROLL

e todos a descifrar

as frascas das estrelas.

cencenando margaridas

entra o bestiario:

os animais que finximos ter deixado atrás:

a besta

as criaturas

o señor pregoeiro

e un galo cirúrxicamente distante

que non quere declarar

e morde á caladiña.

QUIQUIRIQUÍ!!!

E OS MOZOS QUE LÓ!!!

benvidos ó Pazo da Canseira.

aquí a Lei do Novo Universo

sérvese con patacas

con quechupe

con mostaza

con azucre

e glutamato monosódico.

sen allada nin cebola.

VIVA A ESTRELA!!!

LONGA VIDA A COCACOLA!!!

SCROLL

señora Europa isto non é un equinosio. (dixo o alveites)

mais todos están ceguiños. (dixo a señora Europa)

todos non

todos non

hainos cegos, hainos afuscados, hainos parvos.

e os sobreviventes (dixo a aseguradora)

non teñen cobertura.

quen ten mans ten peixe. (dixo vox pópuli)

queres casa? cocaína. (dixo a señora Europa)

queres traballo? cocaína.

ai si eu fora moza!

queres próteses? cocaína.

queres escola? cocaína.

THATS ALL FOLKS!!!

aforra para a pensión,

remenda a carreteira,

paga a ambulancia.

cocaína.

emprende e sé feliz. (dixo Prospeiro)

a delgada liña

entre o humano e o animal

ten moscas.

(

a miúdo vense vermes:

vivos: síntoma de frescura.

mortos: chame a urxencias.

)

a fráxil liña tamén é catenaria

da ambición pluscuamperfecta

do burro que quería ser gaiteiro,

e prometía levar a lus da terra

ó mundo de Lamérica,

tan vasto e indiferente

coma o cu do solpor.

viches o eclipse?

vexo vexo.

vexo na porta do oriente.

que ves?

osamentas chuchadas que sofren.

sofren de sandía,

de granada,

de dátil e de oliva.

SÍ HOME SÍ.

mandou dar dúas mans de minio ó Castelo

e plantar un xardín de esqueletos.

rega con petróleo

unha árbore de billetes.

UBÚ UBÚ UBÚ UBÚ

no imperio non se dorme

por orde executiva.

SÍ HOME SÍ.

SCROLL

en Lamérica

ninguén ama a persoa correcta

mentres finximos durmir.

(

non miras os telediarios?

)

veñan sementes das sementes.

abran unha fiestra

na realidade calcárea

dos avós que foron polo Eldorado.

voltan maletas apelidos fardeles.

aeroporto barco intermodal:

chegan mans acendidas.

transhuman.

polo valado do ollo vago.

transhuman.

coa forza do útero da centella.

transhuman.

redimindo da autolesión colexiada,

urxentes da lus do cristal afumado.

VEÑAN VEÑAN VEÑAN!!!

SCROLL

viven no medo.

quen?

viven no medo.

quen, carallo?

OS TODO O MUNDO!!!

OS ECHE O QUE HAI!!!

a enfermidade non leva sombreiro

e di bos días

mirando doutra banda do vidro.

pero corpo é ruído.

esa é a Lei.

que é o silencio.

que é o fin.

ou se cadra non, señorita, ou señora,

que aínda falta pagar a vaca.

a débeda chucha o sangue

a ritmo de interese composto.

paga renda e cala.

MANDA CARALLO, SEÑOR FRIEDMAN!!!

que humanidade?

a dos venres pola noite.

conciencia inestable e inaccesible

para un lexionario que fai de xuíz

e a serpe con cen mil ollos.

déronlles conciencia.

mala idea. (dixo o alergólogo)

só precisaban tranquilidade

e sandar a microbiota.

a Lei

non admite devolucións.

le os síntomas:

muuu

crac

ai

oe oe oeoee

amén.

dou fe,

no día do noso señor

vintetantos de xullo de dous mil e vinte e seis,

asinado: o ruído.

signo e síntoma.

acalar os síntomas

cunha culler,

con herba seca,

co refrán da boa vida:

máis vale besta coñecida

que humanidade por coñecer.

SCROLL

non somos humanos?

pregunta a mula.

e si lle botan fora o tangaraño?

xa non pode ver os seus compañeiros.

non poden agarrarse.

a que?

á saúde.

a que saúde?

á saúde

que se fixeron a si mesmos

con corda, cuspe,

vómito de cervexa

e dous terróns de medo.

a Lei outorga.

transhuman.

AMÉN.

os silencios escóitanse.

un detrás do palco da festa:

ssssss.

outro debaixo da cama:

cloc.

non se detén.

o silencio

non se detén.

señorita señorita

compórtese:

non sente coas pernas abertas.

señorita,

é que non quere chegar a señora

ou que?

vin ás fillas de Casandra na foliada. (dixo vox pópuli)

sabios cantares. (dixo a señorita)

a nai xa dera que falar. (dixo dona Iberia)

a muller que non é falada, non é muller nin é nada. (dixo Maricarme)

voltamos de Troia, imos a Troia.

NINGUÉN É MEU NOME.

semellante rexente.

transhuman.

non son humanos,

di o reporteiro.

non son animais,

di a mula outra vez.

e o médico,

por non quedar mal:

exem exem exem!

ruído todo.

falan unha lingua crúa,

con pelexo,

con moscas,

con domingos e luns

pechado por defunción.

SCROLL

VIVA A ESTRELA!!!

LONGA VIDA A COCACOLA!!!

benvidos outra vez ó Pazo da Canseira,

que nunca pechou.

bos días, señora:

en que lle podemos servir? (dixo o tratante)

dispoñen vostedes de bos maridos? (dixo a muller)

son a especialidade desta casa.

leve un destes e será unha viúva feliz. (dixo o tratante)

a Lei non admite devolucións.

transhuman.

(

especialidade: rehabilitación. resolución: boa. trato: amábel. experiencia: ben.

observacións: uroloxía tamén. gracias por vir ó Hospital Barbanza.

)

deseñar unha cura:

primeiro unha galiña negra,

despois outra galiña pola,

despois pedir perdón

a quen corresponda.

a delgada liña come millo patentado,

con selo, con marca, con dono en Lamérica.

SÍ HOME SÍ.

(

COMENTARIOS:

e o meu, que? (dixo a oftalmóloga)

tamén. (digo)

)

SCROLL

un novo mundo

entra ás apalpadas

pola porta de servizo.

estreito e dirixido.

leva na boca

a fráxil liña.

mastígaa.

cúspea.

entre o humano e o animal

queda unha mancha.

o Pazo da Canseira

manda entón a súa epístola:

O SINAL DO INHUMANO

É ANDAR A CATRO PATAS.

ninguén sabe xa

quen escribiu a Lei.

en nome dunha dúbida

que chega aos deuses pola forza.

NINGUÉN É MEU NOME.

a mula xa non pregunta.

mira cara ó Pazo

e cala.

SCROLL

os mansos,

os honestos,

os compasivos,

os probes de espírito.

transhuman.

os que defenden a paz, os aflixidos pola dor do mundo.

transhuman.

os que teñen fame e sede de equidade,

os perseguidos polo inxusto,

os denigrados e calumniados.

transhuman.

transhuman os mozos e as señoritas.

as criaturas e as señoras,

tamén.

a besta queda.

soa.

mira.

renxe.

e por pura semellanza,

outórganos

o silencio.

SÍ HOME SÍ.

O QUE DIGAS TI.

SCROLL

érghete, Borja Fransisco! (dixo a nai)

sabe o diaño a que hora cheghastes.

lava o fusiño.

fai a cama.

teu pai ten fame.

mamaaa… (dixo o fillo)

que teño trinta anos.

ti oprímesme!

á mesa. (dixo a nai)

e bulindo.

e abre a fiestra,

que aquí cheira a mortiso.

SCROLL

SCROLL

SCROLL

Tonio Nóvoa. Setembro 2026.

Outros artigos

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.