Inicio da semana con néboas pola mañá e choivas xeneralizadas pola tarde

17 Maio 2026

A semana comezará en Galicia cunha circulación do suroeste que traerá o paso dunha fronte cálida pola tarde. Pola mañá agárdanse néboas no interior, ademais de nubes de tipo medio e alto no resto do territorio, con maior presenza de nubosidade na metade oeste.

Co avance do día, os ceos iranse cubrindo e as chuvias estenderanse a toda a Comunidade durante a tarde, sendo de intensidade moderada na franxa atlántica. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas permanecerán sen grandes cambios(16 a 17 graos).

Os ventos soprarán do suroeste, moderados en xeral, con refachos fortes entre Bares e Fisterra.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros.

Outros artigos

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ofrenda” – Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...