Ambar e Concomitentes presentan en Boiro o proxecto Interdependencias cun maratón de baile e diálogo veciñal

18 Maio 2026

O vindeiro sábado, 23 de maio, a Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, en colaboración con Concomitentes, organizan un encontro aberto en Boiro (Terraza do Furancho, rúa Doutor Santos Mieites) a partir das 11:30 horas. O obxectivo desta xuntanza é xerar un espazo de diálogo e visibilidade que permita sumar novas persoas comitentes ao proxecto amais de celebrar o potencial do movemento para construír comunidade.

Cómpre dicir que o evento se enmarca no proceso de mediación do proxecto Interdependencias, unha iniciativa que busca estreitar lazos sociais, artísticos e de coidado na comarca.

Indo á xornada en cuestión, sinalar que arrancará ás 11:30h cunha mesa de conversa dirixida ás familias e á veciñanza da Comarca do Barbanza. Neste espazo debaterase sobre o impacto de Interdependencias a través das voces dos seus protagonistas: Fran Quiroga (director de Concomitentes), Natalia Balseiro (mediadora), Manu Mimé (responsábel de Arte de Ambar), Milagros Rey Pérez (presidenta de Ambar), as e os comitentes e persoas usuarias da entidade, Moisés Calvo e Sonia Alonso. Ás 12h, a quenda será para a acción e a música con Ghastas Pista RPM.

En resumo, trátase dun maratón de baile aberto a toda a cidadanía, que contará coa música de Rey DJ e a condución dos creadores Caterina Varela e Félix Fernández, integrantes da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional.

Con esta proposta quérese converter o baile nunha ferramenta de expresión colectiva e de celebración dos afectos. O evento concluirá contra as 14h coa entrega de premios, o peche oficial da xornada e un vermú libre para todos os asistentes. Dende a organización convidan a toda a veciñanza do Barbanza e aos colectivos sociais e culturais da zona a achegarse e participar.

Programa:

• 11h30: Conversa aberta sobre o proxecto Interdependencias con dirección, mediadores e comitentes.

• 12h: Ghastas Pista RPM. Maratón de baile veciñal con Rey DJ e o Colectivo RPM.

• 14h: Entrega de premios, clausura e vermú libre.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.