Ceos nubrados e chuvascos febles no sábado mentres que se prevén claros pola tarde

15 Maio 2026

O sábado estará marcado por unha influencia feble do anticiclón dos Azores e o paso dunha fronte pouco activa pola mañá, o que provocará ceos con intervalos nubrados e chuvascos febles, especialmente no norte e oeste da Comunidade.

Nas Rías Baixas, agárdanse ceos máis nubrados na mañá con algún chuvasco feble, máis probables no litoral norte. Ao longo da tarde, os chuvascos quedarán restrinxidos ao terzo norte e abriranse claros, aínda que manterase unha maior nubosidade que no interior.

En Santiago de Compostela e zonas do sur, a mañá comezará con nubes e algún chiscón feble, pero a tarde traerá unha clara melloría con grandes claros e menor probabilidade de chuvia.

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso nas mínimas, mentres que as máximas permanecerán estables ou subirán lixeiramente no interior(16 a 18 graos). O vento soprará do noroeste, en xeral frouxo, con racha moderada no litoral norte das Rías Baixas.

meteogalicia

O noso mar; Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 0.5 a 1 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.