A Catedral programa o luns 18 actividades con motivo do Día Internacional dos Museos

17 Maio 2026

Baixo o lema “Museos unindo un mundo dividido”, a Fundación Catedral de Santiago organiza diversas actividades con motivo do Día Internacional dos Museos, que se celebra o 18 de maio. A iniciativa busca dar maior difusión aos centros integrados no proxecto Compostela Sacra: o Museo Catedral, o MuSar —Museo Colexiata de Sar— e o Museo Diocesano.

O Museo Catedral abrirá gratuitamente a súa Colección permanente durante toda a xornada do luns 18 de maio (10:00–20:00). Ás 11:00 ofrecerase unha visita guiada á importante colección de tapices, principalmente dos séculos XVI, XVII e XVIII (inscrición previa en atencionvisitante@catedraldesantiago.es). Como novidade, ás 16:00 desenvolverase unha visita guiada ao Pórtico da Gloria, á cripta e ao Espazo Mestre Mateo; ao remate permitirase un tempo para debuxar in situ pezas do artista medieval, como os reis David e Salomón ou o antigo rosetón da fachada (inscrición en deac@catedraldesantiago.es).

O MuSar —Museo Colexiata de Sar— tamén poderá visitarse de balde o luns 18 de maio. Ás 16:30 ofrecerase unha visita guiada polos seus espazos, que inclúe o claustro e a igrexa; os asistentes recibirán ademais de agasallo unha pequena guía sobre Bernardo II, cuxo sepulcro é o máis antigo conservado dun prelado compostelán (inscrición en museosar@archicompostela.org).

O Museo Diocesano programou visitas guiadas do martes 19 ao venres 22 de maio, ás 12:30, que permitirán percorrer as salas do museo e acceder tamén á igrexa de San Martiño Pinario, co seu coro de madeira, e á monumental sacristía (inscrición en museodiocesano@archicompostela.org).

As visitas guiadas ao Museo Catedral e ao MuSar realízanse coa colaboración das empresas compostelás Doira e Secchi, especializadas no ámbito turístico. A programación pretende non só amosar o inmenso legado da Igrexa compostelá, senón tamén poñer en valor o labor de conservación e difusión do patrimonio que desenvolve a Fundación Catedral.

Información práctica

  • Museo Catedral: luns 18 de maio, 10:00–20:00 (entrada gratuita). Visitas: 11:00 (tapices), 16:00 (Pórtico da Gloria e debuxo). Inscricións: atencionvisitante@catedraldesantiago.es, deac@catedraldesantiago.es.
  • MuSar (Sar): luns 18 de maio, acceso gratuíto, visita guiada 16:30. Inscrición: museosar@archicompostela.org.
  • Museo Diocesano: martes 19–venres 22 de maio, visitas 12:30. Inscrición: museodiocesano@archicompostela.org.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...