Galicia gaña claros o domingo cunha melloría progresiva e tempo seco pola tarde

16 Maio 2026

Durante o domingo 17, o país irá gañando pouco a pouco influencia das altas presións situadas nos Azores, o que traerá unha melloría progresiva do tempo ao longo da xornada.

Pola mañá agárdanse ceos nubrados con chuvascos illados e ocasionais, máis probables na metade norte de Galicia. Estes chiscóns remitirán co paso das horas, dando paso a tempo seco e á apertura de claros pola tarde en boa parte do territorio.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro a moderado ascenso, mentres que os valores máximos permanecerán sen demasiados cambios (18 a 20 graos). Os ventos soprarán do norte-noroeste, frouxos en xeral e moderados nas Rías Baixas especialmente durante a tarde.

En resumo: mañá máis nubrada e con algún chiscón no norte, pero melloría clara a tarde con secas e claros, especialmente en Rías Baixas e no sur (incluída Santiago).

meteogalicia

O noso mar; Vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...