“CRÓNICAS RIBEIRENSES: Pezzo número 1, fuoco!” – Antón Luaces

02 Setembro 2026

Era funcionario do sindicato vertical franquista. E desde os vellos tempos (anos 50 do século pasado) xogaba con Moncho “Mocas” (daquela un dos poucos perruqueiros de Ribeira) a quiniela semanal que se selaba exclusivamente no café de Núñez, sito na rúa Rosalía de Castro, no recanto da rúa do forno de Sinda, local aquel que coñecín e que lembro moi espacioso, con barra á dereita e un fermoso piano que ninguén tocaba e que o finado Manuel Martínez Martínez (“O Benigno”) me contara que vira nunha ocasión acobadado a Ramón María del Valle-Inclán. 

O devandito funcionario sindical foi durante moitos anos secretario da Irmandade de Labradores e Gandeiros e da Cooperativa de Labradores, ambas as dúas vencelladas asímesmo ás organizacións da delegación local de Sindicatos que, inicialmente, tiña oficinas no primeiro andar do enorme e pétreo edificio coñecido como “O manicomio” e, posteriormente, con edificio de seu na rúa Miguel Rodríguez Bautista, no barrio de Casas Baratas.

Ventura Novo Martínez era ese funcionario sindical, coñecedor coma ninguén de todas as reviravoltas sindicais relacionadas con axudas económicas (os “puntos”) que o Goberno de Franco aprobara para as familias dos labregos que estes percibían mensualmente en función do número de fillos menores de 14 anos que aqueles tiñan.

Ventura foi á guerra civil española -ao igual que moitos galegos da súa quinta- formando parte do Exército Nacional e nun batallón de artillaría no que tamén se integraban “camisas negras” italianos (fascistas milicianos do movemento de Benito Mussolini) que Novo Martínez cualificaba de covardes ata para dispararen ao berro -moi sonoro e case sempre en ton tenor- de “pezzo número 1, fuoco!” cuxo destino “nin Deus sabía cal era”, relataba Ventura. En función do alcance da peza disparada sabían a onde ía parar o proxectil “pero nen sequera apuntaban. Disparaban ao bo tun-tun”, remataba o seu relato Ventura Novo, quen tivo un bar (o 14 de xuño, que moitos crían que era o 14 de abril) nunha calexa perpendicular á rúa Manzanares, preto do mercado de abastos de Bandaurrío.

Era Ventura un home falangueiro, coñecido e querido en toda Ribeira, cun enorme ascendente no eido agropecuario que foi o primeiro en distribuír os sulfatos a utilizar polos labradores para combater os efectos do escaravello.  

Outros artigos

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

+

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

Cuando los fríos guarismos del último informe PISA vuelven a agitar los titulares con la cantinela de nuestras recurrentes carencias educativas, confirmamos que seguimos midiendo el rendimiento de las aulas con la precisión del contable pero con el desdichado desdén...

+

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

Intente vostede falar na cea dun libro ou dunha figura pública que todo o mundo na mesa coñeza. O máis probable é que se atope con miradas de desconcerto. Os máis novos estarán ao tanto dun fenómeno de millóns de seguidores do que vostede nunca oíu falar, e o autor...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.