Galicia manterá o venres o tempo inestable con vento do norte e chuvascos no norte

14 Maio 2026

O venres 15, San Isidro, continuaremos en Galicia baixo a influencia dunha marcada circulación de vento do norte, cunha fronte pouco activa entrando durante a madrugada. Esta situación deixará ceos con intervalos nubrados e chuvascos, máis frecuentes e intensos na metade norte do país.

Co avance da xornada, as precipitacións irán remitindo progresivamente, permitindo a apertura de claros na metade sur, mentres que os chuvascos quedarán máis restrinxidos ao terzo norte. A cota de neve situarase nas primeiras horas arredor dos 1200-1300 metros.

As temperaturas non experimentarán cambios significativos e manteranse en valores baixos para esta época do ano(16 a 19 graos). Pola súa banda, os ventos soprarán do norte, moderados en xeral, con intervalos fortes nas Rías Baixas.Galicia manterá o venres o tempo inestable con vento do norte e chuvascos no norte.

meteogalicia

O noso mar; Vento do norte á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 4 a 5 á mañá, 5 a 6 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá, 0 a 1 metros á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.

Outros artigos

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ofrenda” – Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...