Os bombeiros do parque provincial do Boiro tamén tiveron que acudir ata Nadelas, en Queiruga, no concello de Porto do Son tras arder cinco vehículos. Non houbo feridos. O suceso aconteceu nas inmediacións do campo da festa de Queiruga, polo que se procedeu a...
Rescatado un cadáver nun acantilado da praia do Dique, no concello de Porto do Son
Os bombeiros do parque provincial do Boiro foron mobilizados ás 23:50 horas deste pasado sábado para o rescate dun cadáver nun acantilado e zona de difícil acceso na praia do Dique, no concello de Porto do Son. No operativo participaron Garda Civil, bombeiros de...
Ribeira celebra o Festival Salmoira cunha homenaxe a Castelao
Este mediodía celebrouse en Ribeira un emotivo acto de presentación e homenaxe a Castelao, coincidindo coa finalización dos murais da segunda edición do Festival Salmoira. A cita contou coa participación do alcalde Luís Pérez; o secretario xeral da Lingua, Valentín...
Aberto un novo carril segregado na Lanzada para favorecer a mobilidade viaria na glorieta final da vía do Salnés
A Xunta abriu esta mesma mañá á circulación o novo carril segregado na glorieta que une a VG-4.1 coa estrada autonómica PO-308 na Lanzada, en Sanxenxo, para axudar a desconxestionar o tráfico e favorecer a mobilidade na zona. Este novo viario posibilita que os...
Tanxil acolle a 2ª proba da Copa Deputación da Coruña Volei Praia de categorías inferiores
A praia de Tanxil acolle esta fin de semana (sábado e domingo 26 e 27 de Tanxil) a segunda proba da Copa Deputación da Coruña Volei Praia de categorías inferiores. Ademais, a primeira fin de semana de agosto volverá o volei a Tanxil coa terceira proba da Copa...
En Taragoña celébrase este sábado a festa do Estraperlo
Esta fin de semana a axenda festeira do Barbanza é unha axenda completa e diversa. Entre as as celebracións máis destacadas inclúese o xantar-festival que organiza a Asociación Antropisnos este sábado 26 de xullo (O Estraperlo). Comezará cun xantar popular ás 14.00...
Domingo 27, sol e estabilidade na comarca, nas Rías Baixas e Santiago cunha lixeira brisa do norte
Durante a xornada de hoxe, agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados na maior parte do territorio. Co avance da tarde, os ceos permanecerán totalmente despexados en todo o país, favorecendo unha tarde moi soleada. Cara ao final do día, non se descarta a aparición de...
Comeza a conta atrás para a XXVI Festa do Percebe de Aguiño
A XXVI Festa do Percebe de Aguiño celebrarase no porto da vila dende as 12.00h deste domingo 27 de xullo. Haberá degustacións até esgotar existencias e música en directo para amenizar esta importante celebración gastronómica e cultural. Organiza a Confraría de...
Sábado 26, as Rías Baixas e Santiago terán sol e ascenso das temperaturas
Este sábado San Xaquín e Santa Ana, as Rías Baixas e a comarca de Santiago vivirán unha fin de semana marcada pola estabilidade atmosférica. Esta situación mantén o ceo pouco nubrado ou despexado durante boa parte da xornada, agás a aparición de bancos de néboa...
Santiago celebra a terceira edición da Alba de Compostela cun recoñecemento especial á Fundación Castelao
Con motivo do Ano Castelao, o Concello entregoulle un recoñecemento especial á Fundación que mantén activo o seu legado, representada polo seu presidente, Miguel Anxo Seixas. Os catro recoñecementos da Alba de Compostela 2025 foron outorgados ao mestre ferreiro Chago...
Rosalía de Castro, lembrada 60 anos despois da primeira misa oficial en galego
A ofrenda no Panteón de Galegos Ilustres honra a figura da poeta padronesa. As autoridades homenaxean a Rosalía de Castro no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres Este venres, Galicia lembrou a Rosalía de Castro nunha xornada cargada de simbolismo e emoción. Cúmprense...
O PSdeG reivindica en Rianxo un galeguismo útil, ambicioso e sen complexos para construír a Galicia do século XXI
Besteiro reivindica en Rianxo un galeguismo útil, aberto e sen complexos no Día da Patria O líder do PSdeG aposta por unha Galicia ambiciosa, solidaria e rebelde “que non se resigna e quere avanzar” PS de G_Psoe O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro,...
No Día da Patria Galega Ana Pontón: “Temos que acoller no BNG a todas as persoas que levan Galiza na cabeza e no corazón”
A Praza da Quintana encheuse un ano máis este 25 de xullo para acoller o acto central do Día da Patria Galega, onde a portavoz nacional do BNG, A portavoz nacional, Ana Pontón, proclamou neste Día da Patria que Galiza “é unha nación pola que merece a pena loitar”, e...
No Día Nacional de Galicia a Ofrenda ao Apóstolo Santiago reúne ás institucións do Estado na Catedral de Santiago
O arcebispo tacha de "inaceptable" usar a migrantes como "arma política" e denuncia a "barbarie" en Gaza. Na solemnidade do Apóstolo Santiago, mons. Prieto chama á esperanza activa e a poñer ao ser humano no centro ante os desafíos actuais. O presidente da Xunta,...
Padrón celebrou por todo o alto as festas do Santiaguiño do Monte
A vila de Padrón viviu unha fin de semana de celebracións multitudinarias con motivo das festas do Santiaguiño do Monte, uns dos días grandes do calendario local. O 25 de xullo, milleiros de persoas participaron na tradicional procesión e na romaría no monte San...
Incendio nunha lancha no peirao de Ribeira
Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro interviñeron sobre ás 12:12 horas deste 25 de xullo, venres, na erradicación dun lume nunha lancha no peirao en Ribeira. Víronse afectadas algunhas embarcacións próximas. Completaron o operativo os Bombeiros de Ribeira, GAEM...
Incendio nun vehículo na DP-1104 ao seu paso por Bealo, en Boiro
Esta mañá, os bombeiros do parque provincial de Boiro foron mobilizados por un incendio nun vehículo no punto quilométrico 2 da estrada DP-1104, ao seu paso pola parroquia de Bealo, no concello de Boiro. O lume afectou o coche cando circulaba por esta vía secundaria,...
Fran Amil visita Boiro o vindeiro luns co seu espectáculo musical para a rapazada “Popsía”
O concello de Boiro vai acoller o vindeiro luns 28 de xullo un espectáculo musical para a rapazada: Popsía, de Fran Amil. Será en praia Xardín, a carón do Edificio das Colonias, a partir das 12.00 horas. Trátase dunha cita infantil e familiar que xunta lírica galega...
A Cátedra Institucional Castelao da USC presenta en formato podcast unha recreación sonora do Alba de Gloria
Esta semana a Cátedra Institucional Castelao da Universidade de Santiago de Compostela presentou unha recreación sonora en formato podcast do Alba de Gloria, o discurso pronunciado por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en Bos Aires o Día de Galicia de 1948,...
A Deputación da Coruña aproba o programa Conecta Rural para combater a fenda dixital
A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade no pleno provincial deste 24 de xullo o programa Conecta Rural, en palabras da institución “unha ambiciosa iniciativa de capacitación dixital destinada a reducir a fenda dixital nos concellos máis envellecidos e...
A Deputación da Coruña aproba novas axudas humanitarias para Ucraína
A Deputación aprobou por unanimidade no pleno deste 24 de xullo un convenio de colaboración destinado a apoiar o pobo ucraíno ante "a grave crise humanitaria que segue provocando a guerra". Nesta ocasión, a institución provincial destinará 100.000 euros á adquisición...
Limpeza de vía por vertedura de gasóleo no lugar de Runs, no concello de Boiro
Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro foron requiridos na tarde de onte, 23 de xullo, polo 112 para realizar unha limpeza de estrada no lugar de Runs, no concello de Boiro. A vertedura foi provocada por un camión aparcado que estaba a verter gasóleo, provocando...
Ribeira celebra este xoves o día grande da Festa da Dorna
E chegou finalmente, este xoves 24 de xullo, o día grande da Festa da Dorna, logo de xornadas épicas de homenaxe á tradición mariñeira (co Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia), de exaltación da nosa música (co Orghullo Ghaiteiro do pasado sábado, no que...
Xoves 24, mellora do tempo nas Rías Baixas coa chegada das altas presións
Este xoves festividade de Santa Cristina, as Rías Baixas comezarán a notar a partir das próximas horas os efectos dunha cuña anticiclónica procedente dos Azores, que traerá consigo unha mellora progresiva do tempo e ventos de compoñente nordés. Durante a mañá, os ceos...
Pechan sete escolas unitarias, entre elas as de Seráns e Queiruga, o vindeiro curso por falta de alumnado
A Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades anunciou o peche de sete escolas unitarias en Galicia de cara ao curso 2025/26, debido a que non alcanzan os cinco alumnos matriculados, o número mínimo esixido para manter a súa actividade. Entre as que se...
Un traballador resultou ferido ao rebentar un dos pneumáticos dun elevador para embarcacións no porto deportivo de Vilanova
O implicado foi evacuado consciente ao Hospital Clínico de Santiago nun helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Un particular explicou ao 112 Galicia que un traballador quedara inconsciente logo de que rebentara un dos pneumáticos dun elevador...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Lo que deja un año que se va” – José Castro
Más allá de los muchos hechos positivos del año, el balance de estos doce meses obliga a detenerse al menos en tres problemas que ya tienen consecuencias reales negativas y agravan el delicado tiempo que vivimos El primero es la debilidad de Europa en el nuevo orden...
“Luces”. Xulio Xiz
Pensaba escribir sobre as luces que proclaman nas noites lucenses que o Nadal aniña en nós, pero cruzóuseme o tema da reprobación do aínda Presidente Tomé por parte do P.P. e dos compañeiros de goberno do BNG, coa resistencia pasiva do que foi o seu partido. As luces...
“2026: exigir dignidad institucional”. José Luís Calo
Finaliza 2025 y es inevitable hacer balance. No uno amable ni complaciente, sino unejercicio necesario de responsabilidad cívica. Cuando las instituciones se alejan de laciudadanía, cuando la política deja de ser servicio público para convertirse en unaherramienta de...
“La lección democrática de Chile”. José Castro López
Hace quince días que José Antonio Kast, candidato de la derecha, ganó las eleccionespresidenciales en Chile con un resultado claro y tras la victoria mostró desde el primermomento un talante integrador y responsable afirmando con claridad: “Desde mañanaseré el...
“Aprender a sumar” – José Antonio Constenla
El análisis del expresidente francés Nicolas Sarkozy sobre el Rassemblement National, recogido en su libro Reflexiones de un Prisionero, fruto de la experiencia amarga de la derrota y la introspección, ofrece una lección que en España haríamos bien en considerar:...



























