Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro interviñeron sobre ás 12:12 horas deste 25 de xullo, venres, na erradicación dun lume nunha lancha no peirao en Ribeira. Víronse afectadas algunhas embarcacións próximas.
Completaron o operativo os Bombeiros de Ribeira, GAEM e Policía Local.




