A Deputación da Coruña aproba o programa Conecta Rural para combater a fenda dixital

24 Xullo 2025

A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade no pleno provincial deste 24 de xullo o programa Conecta Rural, en palabras da institución “unha ambiciosa iniciativa de capacitación dixital destinada a reducir a fenda dixital nos concellos máis envellecidos e despoboados da provincia”.

Cun investimento de 750.000 euros, o programa permitirá formar a máis de 3.200 persoas pertencentes a colectivos especialmente vulnerables: maiores de 65 anos, desempregados maiores de 45 anos, mocidade e infancia dos 69 municipios da provincia cualificados como de reto demográfico.

A través deste proxecto, financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, a Deputación da Coruña achegará formación e coñecementos básicos sobre o uso de Internet, correo electrónico, seguridade na rede, uso da administración electrónica, redes sociais, compras pola Rede ou comunicación por videoconferencia, entre outros contidos, mediante unha metodoloxía adaptada ao ámbito rural e baseada no marco europeo DigComp 2.2 de competencias dixitais.

A iniciativa contempla ademais a creación dunha plataforma virtual propia, que permitirá acceder aos contidos formativos dun xeito intuitivo, e a utilización das aulas municipais de informática e da rede CeMIT nos concellos, o que garante a accesibilidade territorial da formación.

Segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, “Conecta Rural é un paso máis no compromiso desta institución co equilibrio territorial e coa igualdade de oportunidades entre o rural e o urbano, tamén no acceso ao mundo dixital. A dixitalización debe ser unha ferramenta de cohesión, non de exclusión”, apuntou.

O programa terá unha duración de dous anos e implicará a contratación de profesorado especializado, que desenvolverá accións formativas presenciais e en liña dirixidas aos distintos colectivos destinatarios. Entre as actuacións destacan sesións específicas para maiores sen coñecementos previos, mozos e mozas de entre 10 e 25 anos, e persoas desempregadas maiores de 45 anos.

Con esta nova liña de actuación, a Deputación da Coruña quere “dar continuidade ás políticas de apoio ao rural, apostando pola transformación dixital como vía para combater o illamento, mellorar a empregabilidade e fomentar a inclusión social e tecnolóxica”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.