No Día Nacional de Galicia a Ofrenda ao Apóstolo Santiago reúne ás institucións do Estado na Catedral de Santiago

25 Xullo 2025

O arcebispo tacha de “inaceptable” usar a migrantes como “arma política” e denuncia a “barbarie” en Gaza. Na solemnidade do Apóstolo Santiago, mons. Prieto chama á esperanza activa e a poñer ao ser humano no centro ante os desafíos actuais.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, realiza a Ofrenda e pide unidade e compromiso co futuro de Galicia e de España

A Catedral de Santiago acolleu este 25 de xullo, Día de Galicia, a tradicional Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, Patrón de Galicia e de España. O acto, de gran carga simbólica e institucional, reuniu autoridades civís e relixiosas, así como representantes das forzas armadas e da sociedade galega, nunha cerimonia solemne presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, como oferente en nome do Reino de España.

Durante a súa intervención, Rueda destacou a figura do Apóstolo como símbolo de encontro, identidade e esperanza:

“Neste tempo de incertezas e desafíos, renovamos ante ti, Apóstolo Santiago, o noso compromiso cunha Galicia próspera, solidaria e aberta ao mundo, e cunha España unida na diversidade”.

O presidente da Xunta pediu tamén “diálogo, respecto institucional e lealdade entre administracións” e aproveitou para reivindicar o papel de Galicia como “ponte entre pobos” e “terra de acollida para milleiros de peregrinos que chegan cada ano a Compostela”.

A tradicional Ofrenda, que se remonta ao século XVII, culminou coa entrega simbólica dos dons ao Apóstolo e cunha petición de intercesión por España e por todos os seus cidadáns.

Resposta do Arcebispo: chamado á fraternidade e á ética pública

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, respondeu á Ofrenda cunha mensaxe na que apelou á “fraternidade real entre os pobos” e á necesidade dunha “ética pública que poña a dignidade da persoa e o ben común no centro da vida política e social”.

“Neste tempo de ruído e fragmentación, o Apóstolo Santiago lévanos a mirar máis alá do inmediato, a pensar como comunidade, a traballar pola xustiza, pola paz e pola verdade”, dixo o prelado, quen tamén tivo palabras de lembranza para os que sofren guerras, migracións forzadas e exclusión.

O arcebispo tacha de “inaceptable” usar a migrantes como “arma política” e denuncia a “barbarie” en Gaza. O arcebispo agradeceu o traballo de todos os que manteñen vivo o Camiño de Santiago e pediu que “a acollida que se dá aos peregrinos sexa reflexo da acollida que Galicia ofrece ao mundo”.

A cerimonia concluíu cunha misa solemne e co tradicional Botafumeiro, que voou pola nave central da catedral ante os aplausos dos presentes.

INTERVENCION DO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA

Apóstol Santiago, Patrón de España y de Galicia;

Para un pueblo, como el nuestro, orgulloso de sus tradiciones y de su historia, esta Ofrenda Nacional al Apóstol Santiago demuestra que el discurrir de los siglos es compatible con la pervivencia de ritos y manifestaciones que están firmemente enraizados en nuestra cultura, en nuestra forma de ser y también en nuestra fe.

Agradezco a Su Majestad el Rey Felipe VI la encomienda de representarle en esta ceremonia, un honor que asumo con responsabilidad y con orgullo como representante ordinario del Estado en Galicia, siempre leal a la Constitución española y a las instituciones que de ella emanan y culminan en la Corona.

Para su Majestad el Rey y para la Familia Real invoco, Santo Apóstol, tu protección:

Para que continúe desempeñando con acierto y ejemplaridad las altas responsabilidades que le corresponden, especialmente en un momento, como el actual, en el que se necesitan -todos necesitamos- referentes de integridad personal e institucional.

La figura de Felipe VI inspira confianza y emana credibilidad, dentro y fuera de nuestras fronteras. Que así sea también en el futuro.

Desde finales del primer milenio un flujo incesante de peregrinos -cada vez más intenso, es cierto, en los últimos tiempos- se dirige a esta Catedral, desde los lugares más variados del planeta, vienen a venerar el sepulcro y la memoria del Apóstol Santiago.

En palabras del profesor Sánchez Albornoz, “millares de príncipes, caballeros, burgueses, juglares, sacerdotes, abandonaron sus hogares para recorrer miles de millas por caminos inseguros y difíciles, cruzaron montes y ríos, atravesaron tierras generosas y también tierras inhóspitas, sufrieron nieves, lluvias, soles, y se alojaron donde la ventura les procuraba albergue.

Cubiertos con los hábitos humildes del romero, padecieron dolores y fatigas para obtener el perdón de sus pecados, solicitar gracias o agradecer mercedes. Fervores religiosos les empujaban hacia Compostela. Y esas fuerzas anímicas dieron frutos  en la vida literaria y artística, en la organización política- social y hasta en la economía de Galicia, de España y de todo el Occidente”.

Décadas después de ser formulada, la esencia de esta reflexión se mantiene intacta, y pone de manifiesto el carácter imperecedero del fenómeno  jacobeo.

A pesar de que no siempre se reconozca expresamente, la Europa plural y tolerante de nuestros días, que es pionera en la defensa de los derechos humanos, es heredera de los valores cristianos, que son los mismos que desde sus comienzos inspiran el Camino de Santiago y las diferentes manifestaciones de la tradición jacobea.

Con independencia da súa orixe, condición ou razón última que anime a cada quen a emprender o Camiño, todas e todos os peregrinos comparten –  arestora igual que séculos atrás- características e  sentimentos. Sentimentos coma a determinación, a tolerancia, a forza de vontade, a constancia ou a busca da  transcendencia. Todos son valores desde os que superar calquera adversidade que dificulte alcanzar a meta.

O exemplo dos peregrinos que emprenden o Camiño de Santiago debería marcar o noso rumbo á hora tamén de enfrontar boa parte dos retos que cada un ten por diante:

Acerto e determinación para centrármonos no que de verdade importa, nas necesidades reais  das  persoas  ás que  servimos: Ofrecer servizos públicos de calidade, cultivar a cultura do esforzo e a cultura do respecto, afondar na riqueza histórica, cultural e lingüística da que somos depositarios, superar a crise da vivenda, xestionar con éxito os desafíos derivados da irrupción da intelixencia artificial, desterrar para sempre a lacra da violencia -tamén e moi especialmente a da violencia machista-, substituír o insulto polo diálogo e as maneiras de actuar que non son respectables polo respecto para quen pensa diferente.

Acerto, por suposto, para edificar unha sociedade con máis  e  mellores oportunidades,  especialmente  para  a xente nove a para a infancia; unha sociedade igualitaria, na que prevalezan o mérito, a capacidade e o esforzo; pero tamén,  por suposto, unha sociedade solidaria, sempre ao carón do maiores, dos enfermos, das persoas con discapacidade, das que necesitan máis axuda.

Unha sociedade de persoas libres e iguais, na que, coma nos camiños ninguén, sexa máis ca ninguén: todos iguais en dereitos e tamén obrigas, tamén no acatamento e cumprimento da lei; no reparto das cargas tributarias; na distribución dos recursos públicos para equiparar a prestación de servizos ao conxunto do españois; ou na materialización da solidariedade entre territorios.

E inspiración tamén para atopar o necesario punto de equilibrio desde o que regular con acerto a emigración e tamén para rematar coas mafias que se lucran co tráfico ilegal de persoas inocentes que simplemente buscan un futuro mellor para eles e para as súas familias, como fixemos por certo os galegos durante moito tempo, nun pasado non tan lonxano.

E tolerancia para superar a tentación da turismofobia, especialmente nesta Compostela na que, como recordou recentemente o señor arcebispo, “é a Catedral a que crea a cidade”. Pode e debe haber espazo para todos, por suposto, sempre desde o respecto e a tolerancia.

Señor Santiago,

Nun mundo asolado por mil e unha convulsións, por guerras devastadoras, por crecentes desastres climáticos, a intolerancia, a codicia, a indiferenza ante o sufrimento dos máis débiles, todo isto nos asola e por tanto invocamos a túa protección para o conxunto da humanidade de maneira que sexamos quen de redescubrir e experimentar o amor, a xustiza, a misericordia e o perdón, característicos todos dos valores cristiáns, e de calquera sociedade que busque o ben común.

Pedimos inspiración e acerto para todos os gobernantes e para cantas persoas  se enfrontan  á toma de decisións que van repercutir na vida dos demais; tamén para o Papa, sucesor de Pedro e conciencia moral da humanidade nun mundo necesitado de referentes.

En una España enfrascada en la polarización extrema, que precisa recuperar la credibilidad y la legitimidad de organizaciones e instituciones manchadas por prácticas impropias de personas decentes, urge una apuesta por recuperar la integridad y el respeto a la ley como patrones de conducta y garantes de un futuro mejor.

Para a Galicia dos nosos días facemos votos, Apóstolo Santiago, para seguir construíndo –coas achegas de todas e todos-  unha  Comunidade aberta, plural, solidaria, que o sexa cada día máis, afastada de calquera experimento que queira poñer en risco os avances logrados neste case medio século de democracia e autonomía.

Unha Galicia próspera, que sexa froito do esforzo compartido de todos: dos poderes públicos, das empresa privada, das persoas traballadoras, dos autónomos, dos asalariados; unha Galicia que respectando a casa común, a natureza privilexiada que nos foi legada, sexa quen de sacar proveito dos seus recursos naturais para mellorar a vida da xente.

Unha Galicia, en definitiva, de “bos e xenerosos”, unha Galicia mellor que a de onte, pero coa seguridade de que novas oportunidades están por chegar que nos farán mellores.

Ultreia  et  Suseia / Buen  Camino para todos!

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...