
O concello de Dodro acollerá este mes de novembro a sétima edición do Concurso Nacional Canino. Será o día 8 de novembro, no Pavillón Polideportivo Municipal, en Tallós. Na cita, na que colabora o Concello, poderá participar a veciñanza do termo municipal para desfrutar da beleza, intelixencia e habilidades dos concursantes caninos e mesmo participar nas actividades do certame.
As inscricións e toda a normativa está en Caninagalega.com.
Organiza a Sociedade Canina Galega coa colaboración do Concello de Dodro.
Trátase dun certame oficial galego de morfoloxía e beleza canina.
Puntúa para o campionato da Real Sociedad Canina de España (RSCE).
Normas para os cans potencialmente perigosos
As persoas propietarias de cans potencialmente perigosos que queiran participar deben presentar copia do rexistro do microchip do exemplar inscrito da comunidade na que residen, a copia da licencia, copia da póliza do seguro do exemplar/ese e a copia do recibo do seguro e o certificado sanitario, expedido polo veterinario, que acredite con periodicidade anual a situación sanitaria do animal e a inexistencia de doenzas o síntomas que o poidan facer perigoso en potencia, así como unha certificación de que o animal carece de lesións ou cicatrices que puideran estar relacionadas coa utilización do animal en pelexas ou outras actividades prohibidas.
Listado dos cans que se consideran potencialmente perigosos en Galicia son as seguintes razas: American Stafforshire Terrier, Bullmastif, Dobermann, Dogo Argentino, Dogo de Burdeos, Dogo del Tíbet, Fila brasileño, Mastín Napolitano, Presa Canario, Presa Mallorquín (ca de bou), Rottweiler, Bull Terrier, Staffordshire Bull Terrier, Tosa Inu e Akita Inu.



