Comezan os preparativos para o II Claustro do Terror en Noia (con investigación policial incluída)

26 Outubro 2026

O Concello de Noia organiza para esta festividade do Samaín a segunda edición do Claustro do Terror, unha experiencia que toma o relevo do clásico túnel do terror dándolle unha ambientación única na Casa do Concello e na contorna. Será, segundo informou o Goberno local, será “un dos grandes protagonistas do Samaín de Noia”. A experiencia virá acompañada dunha investigación: un crime cometido no Concello.

O Claustro do Terror de Noia consiste nunha experiencia interactiva de misterio e sustos en formato teatral que aproveita o espectacular contorno monumental do edificio do Consistorio (o propio Concello).

Organizado polo Concello de Noia coa axuda dun equipo de voluntarios locais, os detalles clave do seu funcionamento inclúen un xogo de Cluedo en vivo (a diferenza dun túnel do terror clásico onde só camiñamos “entre sustos”, aquí o fío condutor é unha historia policial e de suspense: neste caso o suposto asasinato perpetrado no Consistorio) e unha investigación onde grupos reducidos de valentes teñen que adentrarse nas estancias e na penumbra do claustro histórico co obxectivo de atopar pistas e resolver o enigma do asasinato.

Os nenos e nenas de ata 10 anos tamén poderán desfrutar do Tren Infantil do Medo, que percorrerá distintos puntos da vila con paradas cheas de sustos, sorpresas e momentos terroríficos.

Ademais, haberá espazo para a creatividade cun obradoiro infantil de cabazas e a decoración dos Xardíns Felipe de Castro, que tamén se prepararán para a ocasión.

Ao longo desta semana o Concello irá compartindo máis información sobre as actividades, horarios e participación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.