A Plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza comezou a semana emitindo un comunicado no que manifesta o seu total acordo coa proposición levada ao pleno municipal da Corporación de Ribeira (que se celebra este luns 26 de outubro) para que sexa realizado un estudo sobre a viabilidade de que o concello sexa declarado zona de mercado tensionada.
A Plataforma entende que “hai unha emerxencia habitacional porque resulta moi difícil acceder a unha vivenda accesíbel debido a un claro e evidente desequilibrio entre a oferta e a demanda, existindo unha oferta insuficiente para a poboación e as vivendas que existe están a uns prezos desorbitados, máis propios da especulación inmobiliaria”.
A Plataforma engade que con esta proposta daríase cumprimento á Lei da Vivenda para regular o mercado do alugueiro e por tanto “favorecerase o acceso á vivenda” de boa parte da poboación.




