Arden cinco coches no campo da festa de Queiruga, no concello de Porto do Son

27 Xullo 2025

Os bombeiros do parque provincial do Boiro tamén tiveron que acudir ata Nadelas, en Queiruga, no concello de Porto do Son tras arder cinco vehículos. Non houbo feridos.

O suceso aconteceu nas inmediacións do campo da festa de Queiruga, polo que se procedeu a establecer un perímetro de seguridade para extinguir o lume por completo. Participaron Garda Civil, bombeiros de Ribeira, Protección Civil e GES NOIA.

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Cinco coches arderon esta madrugada nun aparcadoiro habilitado preto do campo da festa de Queiruga, en Porto do Son. A Garda Civil investiga como se produciu o lume que, segundo as primeiras investigacións, comezou nun deles e propagouse aos que tiña arredor.

Pouco antes da unha da madrugada a orquestra que actuaba nas festas de Queiruga daba o aviso.

“Estabamos na festa e a cantante saíu correndo avisar de que foramos retirar coches porque había un aparcadoiro ardendo. Vimos xa que había moita xente correndo cara a un dos aparcadoiros próximo á festa”, asegura unha testemuña

O terreo habiilitado como aparcadoiro estaba cheo de vehículos e moitos deles quitáronos os propietarios antes de que chegaran os servizos de urxencia para evitar que arderan. No operativo participaron os bombeiros de Ribeira e Boiro, Protección Civil e unha brigada de bombeiros forestais.

“Chegou a Garda Civil e Bombeiros e xa avisar de que se tivese coidado no perímetro do incendio e non se accedese”

As laparadas e os estalos dos coches ao arder alertaron aos veciños que temían que o lume se estendese.

“Desde o campo da festa víase grande, pero ao chegar os bombeiros traballaron sen problema e non se estendeu aos vehículos que había na leira, que estaba chea”

Esta mañá os equipos de investigación da Garda Civil recollían mostras nos vehículos para investigar se o lume foi intencionado ou se orixinou por algún fallo técnico.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.