Pechan sete escolas unitarias, entre elas as de Seráns e Queiruga, o vindeiro curso por falta de alumnado

23 Xullo 2025

A Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades anunciou o peche de sete escolas unitarias en Galicia de cara ao curso 2025/26, debido a que non alcanzan os cinco alumnos matriculados, o número mínimo esixido para manter a súa actividade. Entre as que se pechan están as do colexio de Seráns (tres nenos) e a de Queiruga( cun neno), en Porto do Son.

Estas unidades, repartidas por distintas zonas rurais, verán interrompida a súa continuidade académica por mor do descenso demográfico e da baixa natalidade, que afecta especialmente ao ámbito educativo en pequenas localidades.

A decisión responde, segundo a administración autonómica, á necesidade de garantir unha educación de calidade e unha adecuada distribución dos recursos, asegurando que os nenos e nenas poidan integrarse noutros centros con máis alumnado, profesorado especializado e servizos complementarios.

As familias afectadas serán reubicadas noutros colexios da contorna, nos que a Xunta garante prazas, transporte escolar e apoio para facilitar a transición do alumnado.

Páxinas Galegas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.