A XXVI Festa do Percebe de Aguiño celebrarase no porto da vila dende as 12.00h deste domingo 27 de xullo. Haberá degustacións até esgotar existencias e música en directo para amenizar esta importante celebración gastronómica e cultural. Organiza a Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño.
Calcúlase que se vai distribuír unha tonelada de produto, e que cada ración contará cuns 350 gramos de crustáceo. Contarase coa colaboración do Concello de Ribeira, que achega este ano unha axuda de 15.000 euros.




