Padrón celebrou por todo o alto as festas do Santiaguiño do Monte

25 Xullo 2025

A vila de Padrón viviu unha fin de semana de celebracións multitudinarias con motivo das festas do Santiaguiño do Monte, uns dos días grandes do calendario local. O 25 de xullo, milleiros de persoas participaron na tradicional procesión e na romaría no monte San Gregorio, onde o Concello repartiu máis de 1.500 racións de sardiñas con bolo preñado, cachelos e broa de millo.

A imaxe do Apóstolo Santiago, coñecido como o “Parrandeiro”, estivo acompañada na procesión por outras seis imaxes relixiosas, todas levadas a ombros por veciños e veciñas e movidas ao ritmo da música tradicional polas rúas do casco histórico. Este ano, destacou a participación feminina no traslado de San Xoán do Raio, a cargo de catro mozas que, como o resto, non pararon de bailar durante todo o percorrido.

Un dos momentos máis emotivos foi a subida da imaxe do Apóstolo polas 132 escaleiras ata a capela do Santiaguiño, a cargo dos irmáns Cajaraville e Beiró. A romaría posterior contou con música popular, xogos infantís e xantares compartidos entre amigos e familias, que ateigaron o monte con carpas, mesas e moita festa.

O alcalde, Anxo Arca, destacou “a gran participación de padroneses, visitantes e mesmo peregrinos”, subliñando que “o Santiaguiño goza de boa saúde, temos o monte ateigado de xente nun día no que ata os santos bailan”.

Éxito rotundo do derbi asnal

Outro dos actos destacados foi o tradicional Derbi Asnal, celebrado o sábado no paseo do Espolón e organizado pola Asociación do Burro Fariñeiro (Abufa). Con 19 burros e 23 participantes, a carreira foi un éxito de público e desenvolveuse con absoluto respecto polos animais, segundo asegurou o alcalde.

Sergio Freire con Dinamita proclamouse vencedor na modalidade de montados, seguido por Antonio Aradas e Andrés Pérez. Os mesmos corredores repetiron podio na categoría con burro á man. A proba contou con participantes chegados de Madrid, Sevilla e Ciudad Real.

Sobre a enquisa cidadá que o Concello prevé facer para decidir o futuro desta proba, Anxo Arca sinalou que “se fará igualmente, pero tendo en conta a masiva asistencia deste ano, pensamos que a resposta está clara”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.