Esta fin de semana a axenda festeira do Barbanza é unha axenda completa e diversa. Entre as as celebracións máis destacadas inclúese o xantar-festival que organiza a Asociación Antropisnos este sábado 26 de xullo (O Estraperlo). Comezará cun xantar popular ás 14.00 horas en Campo Maneiro amenizado pola Orquestra Cheira que Apesta (con comida e bebida traída polos participantes no pic-nic). Ás 16.00 arrincará un roteiro pola aldea e ás 19.00 horas celebrarase A Estraperlada no Campo de Pasos, cos grupos Saraghallada, Gramola Musical, Misto e Ghasolino, Baño Txeku e Bingo musical.




