O PSdeG reivindica en Rianxo un galeguismo útil, ambicioso e sen complexos para construír a Galicia do século XXI
25 Xullo 2025
Besteiro reivindica en Rianxo un galeguismo útil, aberto e sen complexos no Día da Patria
O líder do PSdeG aposta por unha Galicia ambiciosa, solidaria e rebelde “que non se resigna e quere avanzar”
PS de G_Psoe
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, escenificou este 25 de xullo en Rianxo, diante do busto de Castelao, o compromiso do socialismo galego cun galeguismo “útil, sen exclusións, sen etiquetas e sen nostalxia”. No acto conmemorativo do Día da Patria Galega, no que o PSdeG leva case tres décadas participando na vila natal de Castelao, Besteiro defendeu unha Galicia “que se constrúe sen pedir permiso e sen complexos”.
“Galicia non é unha bandeira que se saca en festivos. Galicia é unha causa diaria”, proclamou, recordando os 75 anos do pasamento de Castelao. “El soñaba cunha Galicia libre, valente e orgullosa do que é. E nós seguimos empeñados en facela realidade”.
Galicia que une fronte ás que dividen
O líder socialista puxo en valor unha idea de país inclusiva:
“Galicia non se reparte: deféndese. Non pertence a ninguén, é de quen a coida e traballa por ela”.
Criticou o “discurso excluínte” do BNG, ao que acusou de falar “en nome de Galicia sen preguntar” e de instalarse na “autosuficiencia moral”, e tamén o “ultraconservadorismo” do PP, representado por un Alfonso Rueda “sometido ao PP máis rancio” e “incapaz de presidir cos intereses de Galicia como prioridade”.
Besteiro acusou ao actual presidente da Xunta de “levantarse de todas as mesas” e de gobernar “obedecendo” a axendas alleas ao país, bloqueando avances en financiamento, vivenda ou transición enerxética. “O PP xa nin disimula. Vive atrapado na envexa a VOX”, lamentou.
Defensa da lingua, da vivenda e do autogoberno
Na súa intervención, Besteiro denunciou tamén o “boicot lingüístico” do PP:
“Se fose por Rueda, hoxe non se podería falar galego no Congreso. Esa falta de respecto á nosa dignidade lingüística persegue ao PP tamén en Europa”.
En contraposición, defendeu o compromiso do PSOE cun galego “vivo, sen complexos e esencial ao que somos”.
A crise da vivenda foi outro dos temas centrais do seu discurso. Criticou a “pasividade” da Xunta fronte á escalada dos prezos e á falta de acceso da mocidade:
“Volven ás receitas de 2007: liberalizar e desregular. Sabemos como remata iso: burbulla, crise, sufrimento”.
Fronte a iso, reivindicou o traballo dos concellos socialistas e do Goberno central: vivenda pública, solo protexido, regulación das vivendas turísticas e zonas tensionadas.
“Iso é galeguismo útil: o que propón, actúa e resolve”, resumiu.
Un novo modelo para Galicia
Besteiro apelou a un galeguismo do século XXI, “orgulloso, ambicioso, creativo e solidario”, con máis autogoberno, recoñecemento político e un novo modelo de financiamento que sexa “singular, suficiente, corresponsable e solidario”.
“Temos talento, temos potencial. O que nos falta é un goberno que entenda a Galicia e queira entendela”, dixo, poñendo en valor proxectos como a Axencia Europea da Pesca en Vigo ou a Axencia AESIA na Coruña.
A súa intervención pechouse cunha mensaxe de esperanza e mobilización cidadá:
“Dicía Castelao que un galego que non se rebela non é galego. Pois aquí estamos: galegas e galegos rebeldes, orgullosos, decididos a construír unha Galicia mellor para todos e todas”.
O acto, no que participou tamén o secretario xeral do PSdeG en Rianxo, Óscar Rial, incluíu unha ofrenda floral diante do busto de Castelao e unha visita á Festa Gastronómica da Xouba, celebrada tamén este 25 de xullo.
O PSdeG-PSOE de Ribeira, a través do seu voceiro Francisco Suárez-Puerta, emitiu un comunicado relativo ao pleno da Corporación deste 26 de outubro. Nel critican "o descontrol no que o Partido Popular está a converter os plenos municipais" e din que na sesión...
A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...
O Concello da Pobra do Caramiñal presentou este martes 27 de outubro unha nova edición de Espazo nas Escolas, un programa municipal que pon á disposición da comunidade educativa un servizo de atención psicolóxica para abordar diferentes necesidades que poidan xurdir...
A Xunta de Galicia activará este mércores, 28 de outubro, a segunda edición de 2026 dos bonos Activa Comercio. O programa contará cun orzamento de 2,5 millóns de euros co obxectivo de incentivar o consumo nos establecementos de barrio e mobilizar máis de 8,5 millóns...
Manuel Tizón Lago, a quien todos conocían como Nolo, se ha marchado con el silencio de la última marea, dejando un vacío tan hondo como la bajamar en la ría que tanto amó. Ya forma parte del territorio de la memoria más tierna, convirtiéndose en una pieza fundamental...
Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...