Ribeira celebra este xoves o día grande da Festa da Dorna

24 Xullo 2025

E chegou finalmente, este xoves 24 de xullo, o día grande da Festa da Dorna, logo de xornadas épicas de homenaxe á tradición mariñeira (co Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia), de exaltación da nosa música (co Orghullo Ghaiteiro do pasado sábado, no que participaron as bandas Suasebe, Os Enxebres de San Lázaro, Tahume, Laghareu, Trécola, Os Liantes, Riparia, Borja e Cía, Andavía, Río do Anxo, a Banda de Calo e Os Festas), a nova edición do Jran Prix de Carrilanas (o pasado domingo, cun novo desfile costa abaixo -na costa da Mámoa- de enxeños sacados do máis fondo da imaxinación dos participantes), o certame da Cansión de Tasca, o Trinautlón Dorneiro (na tarde do luns na praia de Area Secada) ou a XXXIII convocatoria do Voo sen Motor (este mércores 23 no porto do Ribeira), entre outros grandes acontecementos deportivo-culturais-marítimo-festeiros.

Este xoves 24, Día da Dorna, comezará ao agrande coa XXXV Reghata de Embarcasións Feitas á Machada e Propulsadas a Pan de Millo na praia de Coroso, con concentración previa, ao mediodía, na explanada do porto de Ribeira.

Logo da regata comezará a nova edición da Romaría Dorneira e pola noite, despois do gran desfile de todas as peñas polas rúas de Santa Uxía (o Top Secret) os noieses Monoulious Dop porán o broche de ouro á Festa da Dorna 2025.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...