O vestíbulo da Deputación da Coruña acolleu este venres a conmemoración do Día da Muller, nun acto institucional no que participaron o presidente, Valentín González Formoso; a deputada de igualdade, Soledad Agra e a artista Guadi Galego, que coa súa canción Matriarcas...
O Centro Social de Boiro acolle este sábado ás 12.00 horas a inauguración da mostra fotográfica “EspadELA”
A mostra fotográfica EspadELA da fotógrafa e escritora boirense Charo Lópes recolle fotos de dous colectivos barbanzáns e que son A Unión de Muchachas e Comoxo Organics. A inauguración da mostra, na que participará a concelleira de Cultura, María Outeiral, terá lugar...
Usuarias de AMBAR entregan un agasallo simbólico ao persoal de CONGALSA con motivo do Día Internacional da Muller
A empresa pobrense CONGALSA, referente galego e estatal no sector da alimentación, e a asociación inclusiva AMBAR, destacada entidade da nosa comarca centrada na inclusión das persoas con diversidades funcionais, reforzaron este venres 8M, Día Internacional da Muller,...
A 6ª edición do Pasabares da Pobra fusiona música tradicional e hostalería
Como antesala da Festa do Carme do Castelo, a sexta edición do Pasabares da Pobra levará a música tradicional á hostalaría no 16 de marzo, a partir das 20.00 horas. Incorpórase tamén unha novidade: o concerto de Río de Anxo e Varacuncas, ás 22.30 horas, nun toldo...
Boiro reivindica a igualdade coas xeracións predecesoras do balonmán no municipio como referentes
O Concello de Boiro celebrou na mañá deste venres 8M, na Casa Consistorial, un acto institucional para conmemorar o Día Internacional da Muller. Fíxoo poñendo o foco nas mulleres "que foron e son referentes". O acto contou coa lectura do manifesto institucional que...
Homenaxe a Valle-Inclán a carón da súa escultura na Alameda de Santiago, coa participación do museo pobrense que leva o seu nome
Este xoves, a choiva non impedía a celebración do acto de homenaxe a don Ramón del Valle-Inclán na alameda compostelana. Como cada 7 de marzo dende o ano 2007, e convocadas pola Fundación Eugenio Granell de Santiago en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do...
O programa de envellecemento activo da Pobra pon novamente o foco na estimulación cognitiva
C.P. A Concellaría dos Servizos Sociais e o Centro Sociocomunitario e do Benestar da Pobra do Caramiñal lanzan unha nova convocatoria do programa de envellecemento activo, un ciclo de obradoiros que, segundo salientou o Concello, “medra en número de participacións”,...
Detida unha muller en Ribeira con máis de 200 dose de diferentes tipos de droga
A Garda Civil do Posto Principal de Boiro levou a cabo a detención dunha veciña de Ribeira baixo a sospeita de estar implicada nun delito contra a saúde pública relacionado co tráfico de drogas. Os feitos desencadeáronse a partir do aviso dun condutor de autobús á...
A veciñanza e o Concello celebran no Pavillón Municipal o 8M cunha homenaxe a todas as mulleres de Dodro
O Concello de Dodro homenaxea este 8 de marzo (Día Internacional da Muller) ás mulleres de todas as parroquias do termo municipal. Con este obxectivo, o Consistorio propuxo a actividade Bailamos con elas, unha iniciativa de lecer convocada para a tarde deste venres 8M...
O Concello de Rianxo e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar renovan o acordo para seguir desenvolvendo o programa Xantar na Casa
O Concello de Rianxo e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar renovaron o convenio de colaboración entre as dúas entidades para o desenvolvemento do programa Xantar na Casa. O novo convenio permitirá aumentar en cinco as persoas beneficiarias do...
O alumnado do PIE de Boiro (coa colaboración da Pobra e Rianxo) remata a formación en manipulación de alimentos e elaboración de pezas cárnicas
As alumnas participantes no Programa Integrado de Emprego 2023-2024 que o Concello de Boiro leva a cabo coa colaboración dos Concellos de Rianxo e A Pobra remataron un curso de formación en Manipulador de Alimentos e Elaboración de Pezas Cárnicas. As participantes...
Galiza Nova celebra o 8M en Rianxo con proxeccións, unha charla sobre violencia no parto e unha mesa redonda coas mulleres do mar
A agrupación Galiza Nova celebra este 8M (Día Internacional da Muller) en Rianxo cunhas Xornadas Feministas. Desenvolveranse baixo o epígrafe Tecendo o fío lila da historia, este sábado 09 de marzo, de 17.00 a 20.00 horas no salón de actos do Auditorio de Rianxo. O...
O público de Rianxo terá ao seu dispor o bus do Centro Dramático Galego para asistir o 3 de maio á representación en Santiago de “Os actos e as profecías”
O Concello de Rianxo súbese esta tempada ao autobús do Centro Dramático Galego, o que significa que a veciñanza vai ter a oportunidade de achegarse até as funcións do CDG en Compostela no vehículo fretado polo CDG a través da súa colaboración cos Concellos, neste caso...
O Museo de Pontevedra inaugura unha mostra fotográfica de Xan Carballa sobre o regreso dos restos mortais de Castelao á súa terra
O Museo de Pontevedra acolleu este xoves 7 de marzo a inauguración da da mostra Castelao: o retorno a Galicia: 1984. Organizada pola Deputación de Pontevedra, a exposición conta a historia dun dos momentos clave da Transición en Galicia: a chegada dos restos mortais...
Ribeira celebra o 8M con contacontos, exposicións, presentacións literarias, teatro e (este venres) unha homenaxe ás mulleres artistas do concello
O Concello de Ribeira, a través das Concellerías de Igualdade e Cultura, e tamén do Centro de Información á Muller (CIM) organizan este mes de marzo unha manchea de actividades para celebrar o 8M, o Día Internacional da Muller. A axenda colleu impulso os días 4 e o 5...
O Concello de Lousame apraza a celebración da andaina do Día da Muller debido ás malas condicións meteorolóxicas
O Concello de Lousame acordou aprazar a celebración da andaina polo río Vilacova, prevista para este sábado 9 de marzo debido ás malas condicións meteorolóxicas. “Tanto a chuvia caída nas últimas horas como as previsións de chuvia e vento para o sábado obrígannos a...
O Concello de Porto do Son conmemora o 8M con formación saudábel, unha mostra de mulleres deportistas e unha Andaina pola Igualdade
Con motivo do Día Internacional da Muller, este 8 de marzo, o Concello achegou unha manchea de actividades dirixidas todas elas, malia os seus diferentes formatos, a traballar pola plena igualdade e os dereitos das mulleres. O programa achega entre outras cousas un...
A Orquestra Sons realizará un novo concerto o 24 de marzo con motivo da Semana Santa
O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, e os edís Vicente Mariño, Antía Alberte e Fernando Abraldes presentaron xunto a Alexandre Millet, o concerto temático que realizará a Orquestra Sons no concello o vindeiro día 24 de marzo ás 20.00 horas, na Igrexa Parroquial de Santa...
Nova homenaxe a Valle-Inclán a carón da súa escultura na Alameda de Santiago, coa participación do museo pobrense que leva o seu nome
O director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, Antonio González Millán, participou este xoves 7 de marzo no acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán da Alameda de Santiago. A homenaxe veu da man da...
Outes cambia a identidade corporativa do Concello con A ponte e o río Tins como elementos principais
O Concello de Outes cambia os elementos da identidade corporativa e ten por obxecto a regulación dos usos da nova imaxe institucional do Concello. A imaxe institucional mostra aos dous elementos principais que sempre definiron ao Concello: A ponte e o río Tins. A nova...
INECO RuralTIC inicia en Carnota (e logo en Porto do Son) a súa 2ª edición na provincia da Coruña
A provincia da Coruña incorpórase á segunda edición de INECO RuralTIC, o programa de dixitalización do mundo rural desenvolvido por INECO, a empresa pública de enxeñería e consultoría. A actividade comezou no concello de Carnota, onde xa se atopan (dende o 4 de marzo...
A Pobra bótase á rúa este venres 8 para reivindicar os dereitos das mulleres
Un dos puntos culminantes da axenda do 8M na Pobra, elaborada pola Concellería de Igualdade, será na mesma xornada do venres 8, cando partirá unha manifestación ás 19.00 horas da praza Alcalde Segundo Durán para concluír na Casa Consistorial, onde se dará lectura a un...
Boiro celebra o 8M cunha manchea de actividades conmemorativas e divulgativas (até ben entrado abril)
A axenda conmemorativa do Concello de Boiro para celebrar este 8M (Día Internacional da Muller) vén este ano cunha manchea de actividades participativas que chegarán até ben entrado o mes de abril. Este 8 de marzo celebrarase o acto institucional ás 12.00 horas na...
O Concello de Boiro suma un servizo de información de saúde sexual e afectiva para a mocidade
O Concello de Boiro, a través da área de Política Social e Igualdade, pon en marcha un servizo de información en materia de saúde sexual e afectiva para a mocidade, especialmente destinado a adolescentes. Trátase dunha iniciativa de divulgación e asesoramento gratuíto...
Bombeiros de Boiro lograron rescatar a unha persoa atrapada nun incendio en vivenda da Rúa Pesqueiras
Unha dotación do parque de bombeiros de Boiro logrou está mañá rescatar a unha persoa atrapada nun incendio en vivenda en edificio da Rúa Pesqueiras. Bombeiros Boiro O 112 Galicia rexistrou un incendio nun piso en Boiro. Concretamente, produciuse na Rúa Pesqueira, e...
Cáritas analiza en Ribeira as súas novas líñas de actuación
En Ribeira celebrouse unha reunión para analizar e divulgar as liñas estratéxicas de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, aprobadas na súa última asemblea. De esquerda a dereita Pilar Farjas, directora diocesana, o párroco e consiliario ribeirense, Alfonso...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“España, rómpese” – José Manuel Pena
As guerras internas e externas, entre as diferentes formacións políticas, tráenos un pouco sen coidado á maioría dos cidadáns. Preocúpanos moito máis o emprego, a calidade de vida, a familia, a sanidade, a educación, a violencia machista, as pensións, a pobreza, a...
“Ley del Litoral, no errar el debate”. Juan Salgado
El Gobierno, en sesión del Consejo de Ministros celebrada este martes, decidió la presentación de un recurso de inconstitucionalidad contra la Ley 4/2023, de 6 de julio, de Ordenación y gestión integrada del Litoral de Galicia, aprobada por el Parlamento autonómico...
“A vellez” – José Manuel Pena
Nun dos parágrafos da única obra latina exclusivamente consagrada aos anciáns escrita por un dos personaxes máis e controvertidos da antigüidade, o romano Cicerón, afírmase que “as cousas grandes non se fan coas forzas, ou a rapidez, ou axilidade do corpo, senón...
“Los ojos versus el mirar” – Manuel Domínguez
Ver la pupila dilatada consecuencias del amor, del sentimiento, de la admiración profunda, tal vez no sea fácil para el novicio, por lo que hay otros síntomas. Ciertas sustancias entre ellas el alcohol producen que las pupilas se dilaten al afectar a los receptores de...
“La paz imposible”. José Antonio Constenla
Como en el Yom Kipur de 1973, Israel vuelve a ser atacado, esta vez por terroristas de Hamas que se han infiltrado tras su frontera, para asesinar y secuestrar civiles. Un ataque inédito que ha dejado en shock a la sociedad israelí, cuya preparación larga y minuciosa,...


























