A Orquestra Sons realizará un novo concerto o 24 de marzo con motivo da Semana Santa

07 Marzo 2024

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, e os edís Vicente Mariño, Antía Alberte e Fernando Abraldes presentaron xunto a Alexandre Millet, o concerto temático que realizará a Orquestra Sons no concello o vindeiro día 24 de marzo ás 20.00 horas, na Igrexa Parroquial de Santa Uxía.

O concerto, no que participarán 32 músicos, ten como obra principal a banda sonora da película dirixida por William Wyler, Ben Hur. Segundo explicou Alexandre Millet o acto estará dividido en dúas partes, “a primeira será un repertorio inspirado na música de Semana Santa e na segunda interpretaremos a obra Memorias dunha illa – Sálvora, que se inspira nas historias e nas lendas da illa de Sálvora”.

Segundo indicou o rexedor, o concerto contará co mellor dos precedentes. De feito, dixo, “no anterior concerto da orquestra na localidade, que tivo lugar na Lonxa de Ribeira polo Nadal, máis de 600 persoas puideron desfrutar da súa música”. E engadiu: “Estamos moi contentos de poder financiar este tipo de actos culturais”. Tamén salientou as características idóneas da igrexa de Santa Uxía, “un espazo emblemático que ofrece unha moi boa sonoridade para este tipo de concertos”.

O alcalde destacou asemade o labor de Alexandre Millet na recuperación e divulgación da música galega e a historia do municipio. “Dende o Concello de Ribeira queremos promocionar aos artistas locais e colaborar na posta en valor da nosa cultura, intentando que Ribeira teña unha programación cultural de primeiro nivel” concluíu o rexedor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...