Unha dotación do parque de bombeiros de Boiro logrou está mañá rescatar a unha persoa atrapada nun incendio en vivenda en edificio da Rúa Pesqueiras.

O 112 Galicia rexistrou un incendio nun piso en Boiro. Concretamente, produciuse na Rúa Pesqueira, e quen alertou a través do número único de emerxencias era o propio afectado. Explicou que era imposible saír. Impedíallo o intenso fume, que finalmente lle ocasionou unha intoxicación, pola que foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.
Faltaban uns minutos para as oito desta mañá cando o 112 Galicia recibiu información sobre este incendio, que afectada a dúas habitacións dun piso situado no número 47 da Rúa Pesqueira, en Boiro. Alí acudiron os bombeiros comarcais, así como os membros do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade e os axentes da Policía Local e Garda Civil.
Ademais das dúas habitación que resultaron calcinadas, toda a vivenda quedou afectada polo fume.




