Usuarias de AMBAR entregan un agasallo simbólico ao persoal de CONGALSA con motivo do Día Internacional da Muller

08 Marzo 2024

A empresa pobrense CONGALSA, referente galego e estatal no sector da alimentación, e a asociación inclusiva AMBAR, destacada entidade da nosa comarca centrada na inclusión das persoas con diversidades funcionais, reforzaron este venres 8M, Día Internacional da Muller, os seus lazos de colaboración.

Fixérono a través da visita á sede de CONGALSA (no Polígono da Tomada da Pobra) de oito mulleres integrantes da asociación: Araceli Pouso, Berta Torrado, Esperanza Silva, Manola Davila, Manola Vidal, María Helena, Mari C. Crujeiras e Vanesa Villar. Na súa estadía nas instalación da empresa entregaron obsequios simbólicos ao persoal da empresa co obxectivo de poñer en valor esta data do 8 de marzo.

En concreto, a comitiva da Asociación AMBAR visitou as oficinas e os comedores da compañía ofrecendo plantas conmemorativas a diferentes membros do cadro de persoal da empresa.

Apoio ás estratexias inclusivas de AMBAR

Dentro da súa política de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), desde hai máis de dúas décadas CONGALSA impulsa liñas de acción solidarias e accións de visibilización que axuden á Asociación AMBAR a conseguir os seus obxectivos fundacionais. Entre os exemplos máis destacábeis desta cooperación, destaca a participación de parte do persoal de CONGALSA na tradicional Carrera pola Diversidade da asociación inclusiva. Á súa vez, AMBAR implícase cada ano na xa arraigada Andaina Solidaria de CONGALSA.

A acción desenvolvida este venres 8 de marzo tivo como obxectivo “contribuír a facer visíbel o activo e relevante papel das mulleres que desenvolven a súa actividade profesional en CONGALSA”.

Na firma, do mesmo xeito que sucede noutras empresas do sector mar-industria, as mulleres son maioría. En concreto, en CONGALSA, representan un 67% do seu persoal.

En paralelo, a iniciativa deste venres quixo resaltar o traballo que realiza AMBAR despexando de barreiras o camiño das barreiras con diversidade funcional, que, segundo lembraron as dúas entidades, “poden desempeñar un importante papel en diferentes ámbitos da sociedade”. Neste sentido, entre outras cuestións, a entidade con sede no Barbanza ofrece a todas as súas persoas usuarias ferramentas para favorecer a súa integración sociolaboral e contribuír á súa empregabilidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.