Ribeira celebra o 8M con contacontos, exposicións, presentacións literarias, teatro e (este venres) unha homenaxe ás mulleres artistas do concello

07 Marzo 2024

O Concello de Ribeira, a través das Concellerías de Igualdade e Cultura, e tamén do Centro de Información á Muller (CIM) organizan este mes de marzo unha manchea de actividades para celebrar o 8M, o Día Internacional da Muller.

A axenda colleu impulso os días 4 e o 5 de marzo, cando se desenvolveu o obradoiro As mulleres que nos constrúen, dirixido ao alumnado de primaria co CEP Plurilingüe de Carreira e o CEP Plurilingüe de Artes, e o 6 de marzo celebrouse o contacontos Cabaleira dirixido ao alumnado de primaria no Auditorio Municipal.

O día 7 de marzo o Centro de Información á Muller de Ribeira organizou un obradoiro gratuíto de Bixutería e Reciclaxe con Lixo Atelier.

Polo que respecta a este venres 8 (8M) celebrarase unha Homenaxe ás mulleres das Artes Plásticas no Auditorio Municipal ás 12:00 coa intervención da escultora Soledad Penalta e a escritora Patricia Torrado. A maiores, estrearase no Auditorio ás 21.15 horas a peza teatral Comisaría de Mulleres, de Lúa Chea Teatro (comedia para público adulto).

Previamente, o pasado 1 de marzo, inaugurouse a mostra EmpoderArte no C.C. Lustres Rivas, unha exposición colectiva e multidisciplinar de mulleres artistas locais que renderon homenaxe a Carmiña Romero, ribeirense nacida en 1925 membro dunha familia traballadora que tiña vocación artística, unha vocación truncada pola Guerra Civil pero que logo desenvolveu no téxtil tendo ao seu cargo a un nutrido grupo de mulleres que realizaban confeccións. Sobre a súa historia inspiráronse as outras artistas ribeirás para facer a mostra.

Estas son as artistas que integran a mostra: Ainhoa Pérez, Amparo Fuentes, Beatriz F. Ferrín “Augarela”, Carmen Sampedro, Cristina Rey, Ester Rincón-Benzalá Fernández, María Goretti Bello, Iria Pérez Rial, Jenny G.C., Luz Angélica García Mariño, Maika García Paz, Maite S. Cortés, Maralla, Marijo Sampedro Arnoso, Matusa Del Río Paz, Mónica Montero, Natalia Arnoso Carcía, Pilar Abal, Pilar Ageitos Fuentes, Pura Villa Martínez, Raposiñas, Rebeca Novo Castro, Rosa María Suárez García, Rosario Palacios “Orive”, Sara Maneiro, Sofo Rivas, Susana Ponce Martínez, Teresa Argibay, Teresa Ramallo, Uxía Fernández “Maruxía”, Vero Leis e Violeta Iglesias Maneiro.

As actividades seguirán ao longo de todo o mes de marzo con obradoiros, contacontos e unha homenaxe ás mulleres artistas do Concello de Ribeira. Por exemplo o espectáculo infantil Amoriños Contei, de Títeres Tarabelos (o 16 de marzo ás 19.00 horas no Auditorio Municipal); unha lectura da obra poética de Ánxela Gracián (o 21 de marzo ás 20.00 horas no Centro Cultural Lustres Rivas); un achegamento ao legado literario de Luísa Villata, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas (o 23 de marzo no Lustres Rivas a partir das 12.00 horas, coa presenza das escritoras Beatriz Maceda e Eli Ríos, e da ilustradora Laura Suárez); e a proxección do filme documental Nación, de Margarita Ledo, o 27 de marzo ás 20.00 horas no Auditorio Municipal.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.