O Concello de Boiro suma un servizo de información de saúde sexual e afectiva para a mocidade

07 Marzo 2024

O Concello de Boiro, a través da área de Política Social e Igualdade, pon en marcha un servizo de información en materia de saúde sexual e afectiva para a mocidade, especialmente destinado a adolescentes. Trátase dunha iniciativa de divulgación e asesoramento gratuíto que estará dispoñíbei a partir do mes de marzo.

Este servizo, atendido por unha psicóloga, estará operativo segundos xoves de mes en horario de 15.30 a 20.30 horas no andar baixo da Casa Consistorial de Boiro. O obxectivo desta iniciativa é “dar unha formación en educación afectivo sexual que lle sirva aos adolescentes a tomar mellores decisións para coñecer e respectar o noso corpo e relacionarnos de forma máis saudábel, libre e responsábel”, sinalou o Concello.

O servizo é confidencial e gratuíto e non precisa de cita previa.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.