Boiro reivindica a igualdade coas xeracións predecesoras do balonmán no municipio como referentes

08 Marzo 2024


O Concello de Boiro celebrou na mañá deste venres 8M, na Casa Consistorial, un acto institucional para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Fíxoo poñendo o foco nas mulleres “que foron e son referentes”. O acto contou coa lectura do manifesto institucional que homenaxeou ás xogadoras de balonmán feminino nos anos 60, 70 e 80.

“Festexamos hoxe un día no que toda a cidadanía reivindica a igualdade e os dereitos da muller, uns dereitos que supoñen o progreso da nosa sociedade”, afirmou o alcalde José Ramón Romero na súa intervención antes de dar paso á lectura do manifesto institucional que realizou o concelleiro de Política Social, Raúl Treus.

Como dixemos, o manifesto deste ano centrouse nas mulleres que foron e que son referente para as xeracións de hoxe e do futuro, as deportistas que fixeron posíbel a presenza da muller no balonmán en Boiro nos anos 60, 70 e 80.

“O Concello homenaxeará anualmente a aquelas mulleres que son un referente en diversos ámbitos como é a ciencia, a literatura, a arte, o deporte… ou aquelas outras mulleres anónimas que fan tanto pola súas familias e a sociedade”, afirmou o concelleiro de Política Social durante a súa intervención.

Neste ano 2024, ademais das xogadoras de balonmán feminino, o Concello rendeu tributo tamén a Lupe Tubío, de Cáritas Boiro, a proposta de Unión de Muchachas pola súa contribución á sociedade boirense.

O acto contou tamén coa representación da peza A Serea Mariña – Elas do grupo de artes escénicas da Asociación AMBAR, unha peza que pon en valor a importancia da muller na cultura galega e que reivindica a implicación nas mulleres con diversidade en todos os ámbitos da vida cotiá como o teatro ou as artes.

O acto finalizou coa colocación dunha placa conmemorativa ás catro xeracións de mulleres xogadoras de balonmán feminino de Boiro nos anos 60, 70 e 80 na Praza de Galicia, lugar onde comezaron aqueles encontros deportivos que demostraron, varias décadas atrás, que as mulleres tamén podían practicar deporte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.