Cáritas analiza en Ribeira as súas novas líñas de actuación

07 Marzo 2024

En Ribeira celebrouse unha reunión para analizar e divulgar as liñas estratéxicas de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, aprobadas na súa última asemblea.

 De esquerda a dereita Pilar Farjas, directora diocesana, o párroco e consiliario ribeirense, Alfonso Mera e Santiago Fernández, delegado episcopal

No encontro participaron directivos, voluntarios e técnicos das delegacións da organización na unidade pastoral da capital barbancesa, que inclúe as parroquias de Santa Uxía, Aguiño, Corrubedo, Artes, Olveira e Oleiros.

Esta reunión forma parte das visitas realizadas polo novo equipo encabezado polo delegado episcopal, Santiago Fernández, e a directora diocesana, Pilar Farjas. Durante a presentación, Farjas expuxo as pautas para mellorar os protocolos de funcionamento, mencionando a actualización de estatutos, o voluntariado, a xestión do persoal, as doazóns e a promoción de dereitos.
Os eixos desta actuación baséanse na cobertura de necesidades básicas, a soidade, o emprego e a vivenda. Farjas destacou a importancia da animación comunitaria e o voluntariado como eixos fundamentais para axudar ás persoas necesitadas. Animou a seguir traballando na acollida, o acompañamento e a promoción daqueles que solicitan axuda a Cáritas

Outros artigos

Fin de semana con sol e temperaturas altas

Durante o sábado teremos os ceos moi abertos en xeral. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, chegando ós 26 graos. Os ventos soprarán do sueste frouxos en xeral, do nordés moderados entre Bares e Fisterra...

+

Actividades de Samaín en Ribeira

Os días 1, 2 e 3 de novembro en Ribeira teremos o Samaín organizado pola asociación cultural Alfaia e as Concellerías de Cultura e Mocidade de Ribeira con exposición de monstros no Espazo Municipal de Usos Múltiples (carpa da rúa de Galicia) do 1 ao 03/11, exhibición...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fóra de tódalas escusas”. Luís Celeiro

“Fóra de tódalas escusas”. Luís Celeiro

Saíron correndo do recuncho no que se agochaban. Era de elite e de privilexiadosescondidos, moitos deles, detrás da súa enorme ignorancia. Era un recuncho, un agocho demorto ferido, de loitador morto, de morto matado. Estaba na esquina, nesa esquina, na queti ou todos...