“A vellez” – José Manuel Pena

10 Outubro 2023

Nun dos parágrafos da única obra latina exclusivamente consagrada aos anciáns escrita por un dos personaxes máis e controvertidos da antigüidade, o romano Cicerón, afírmase que “as cousas grandes non se fan coas forzas, ou a rapidez, ou axilidade do corpo, senón mediante o consello, a autoridade e a opinión. Cousas das que a vellez non só non está orfa senón que mesmo adoita acrecentalas”

A maioría dos argumentos que forman parte do clásico escrito ciceroniano tratan de manter a dignidade dos anciáns, pois os romanos criticaron a individuos, non un período da vida, e salvagardaron a complexidade, as contradicións e a ambigüidade da vellez, as súas miserias e a súa grandeza. “Sen dúbida os que se queixan da vellez non son moi razoables; o que é sensato sabe aceptar de bo grado todas as idades da vida”.

Para algunhas persoas os vellos son pesados, ansiosos, iracundos e difíciles. Se nos empeñamos, son tamén avarentos, pero estes son fallos dos costumes, non da vellez. Con todo todos estes inconvenientes dulcifícanse con boa educación e bos costumes. O autor recoñece que “a vellez me resulta lixeira e non só non me molesta senón que é, mesmo, agradable”.

A vellez significa a proximidade da morte xa que se non imos ser inmortais, é desexable, polo menos que o home deixe de existir ao seu debido tempo. Non obstante isto non é impedimento para que moitos anciáns prefiran plantar árbores que aproveitarán a seguinte xeración. Pois non hai ninguén tan vello que pense que non pode vivir aínda un ano máis; pero estes dedícanse a cousas das que saben que non se van a beneficiar en absoluto.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.