O alumnado do PIE de Boiro (coa colaboración da Pobra e Rianxo) remata a formación en manipulación de alimentos e elaboración de pezas cárnicas

08 Marzo 2024

As alumnas participantes no Programa Integrado de Emprego 2023-2024 que o Concello de Boiro leva a cabo coa colaboración dos Concellos de Rianxo e A Pobra remataron un curso de formación en Manipulador de Alimentos e Elaboración de Pezas Cárnicas. As participantes recibiron formación específica en selección, procesado, corte, conservación e preparación de diferentes pezas, así como a identificación dos contaminantes dos alimentos e en aplicar a normativa vixente en seguridade e hixiene co fin de asegurar a cadea e a rastrexabilidade (trazabilidade) alimentaria.

O programa está destinado a 100 mulleres da comarca inscritas como demandantes de emprego que, durante un ano, reciben formación específica e tamén participan en xornadas formativas destinadas a mellorar as súas habilidades para mellorar a empregabilidade e a inserción laboral. A formación deste curso consta de módulos formativos de envasado, acondicionado e embalaxe de produtos alimentarios; sistemas e procesos loxísticos; mercadotecnia en lña; atención ao cliente; preparado de produtos do mar…

Ademais da formación en módulos específicos, o PIE inclúe outras accións transversais como a formación para a mellora da empregabiliade, formación en habilidades sociolaborais, idiomas e novas tecnoloxías, prospección de ofertas ou deseño de currículos, entre outros contidos. Todas as participantes contan cunha bolsa de asistencia de 10 euros/dia e un módulo de prácticas específicas en empresas da comarca.

O Programa Integrado de Emprego 2023/2024 do Concello de Boiro no que colaboran os Concellos da Pobra e Rianxo está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.