O Centro Social de Boiro acolle este sábado ás 12.00 horas a inauguración da mostra fotográfica “EspadELA”

08 Marzo 2024


A mostra fotográfica EspadELA da fotógrafa e escritora boirense Charo Lópes recolle fotos de dous colectivos barbanzáns e que son A Unión de Muchachas e Comoxo Organics. A inauguración da mostra, na que participará a concelleira de Cultura, María Outeiral, terá lugar este sábado ás 12.00 horas no Centro Social de Boiro con sesión vermú e foliada.

Esta exposición é una iniciativa da cooperativa Arabías que conta co financiamento da Deputación da Coruña e na que se reflicten os corpos, as voces e as palabras de 58 mulleres mediante un proceso de construción colectiva. As imaxes buscan expresar as múltiples realidades que habitan nos contextos rurais galegos a partir dunha ollada feminista.

Nas máis de 40 imaxes que compoñen a proposta fotográfica participaron 58 mulleres de Boiro e tamén de Laraño, Arzúa, Touro, Carballo, Brión, Frades, Cerceda, Oroso ou Ames que dan corpo aos retratos colectivos e individuais.

EspadELA xurdiu no ano 2018 para crear espazos de traballo colectivo, impulsada por Arabías da man do Sindicato Labrego Galego e financiada pola Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.