A Pobra bótase á rúa este venres 8 para reivindicar os dereitos das mulleres

07 Marzo 2024

Un dos puntos culminantes da axenda do 8M na Pobra, elaborada pola Concellería de Igualdade, será na mesma xornada do venres 8, cando partirá unha manifestación ás 19.00 horas da praza Alcalde Segundo Durán para concluír na Casa Consistorial, onde se dará lectura a un manifesto e cánticos coa Asociación Cultural Eiradela.

A maiores, promóvese unha andaina pola igualdade a partir das 12.00 horas orientada a alumnado de 1º e 2º da ESO do Instituto e do CPR Divino Maestro que arrincará nos centros de ensino para concluír na praza Alcalde Segundo Durán tamén coa lectura dun manifesto e a reivindicación dos dereitos laborais das mulleres. O Concello proporcionará panos de cor morada.

O cartel comezou os días pasados coa novena edición das Xornadas Muller e Ciencia que se celebraron este sábado 2. Foron dúas conferencias centradas no deporte e nos microplásticos. Continuaron cos contacontos (toda a semana) de Loida Fernández (que ofrece sesións s de monicreques a escolares da infantil para traballar o apoderamento das mulleres, a corresponsabilidade nas tarefas do fogar e a ruptura de modelos tradicionais entre mulleres e homes) e co itinerario proposto pola Asociación Cultural Eiradela, que fixeron un itinerario este mércores por espazos do centro da localidade como, por exemplo, os Xardíns de Valle-Inclán, a praza de Maura, o Cantón da Leña ou a Praza de Abastos para repartir material divulgativo coa convocatoria da manifestación do 8-M.

Ademais, a medallista internacional na modalidade de parakarate, Cristy Tojo, dará charlas sobre muller e deporte do 11 ao 13 de marzo aos distintos cursos do CEP Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra.

A maiores, ofertarase un curso de autodefensa para o sábado 23, dende as 10.30 ata as 13.30 horas, no Polideportivo Municipal de Venecia. Haberá, así mesmo, obradoiro de conciliación para poder asistir.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...