Boiro celebra o 8M cunha manchea de actividades conmemorativas e divulgativas (até ben entrado abril)

07 Marzo 2024

A axenda conmemorativa do Concello de Boiro para celebrar este 8M (Día Internacional da Muller) vén este ano cunha manchea de actividades participativas que chegarán até ben entrado o mes de abril.

Este 8 de marzo celebrarase o acto institucional ás 12.00 horas na Casa Consistorial e que contará coa lectura dun manifesto colectivo e a representación da performance A Serea Mariña – Elas de AMBAR.

Ademais nesta semana estase a publicar en redes sociais (por exemplo no Facebook municipal) unha serie de vídeos sobre mulleres que inspiran de Boiro, unha iniciativa que forma parte do proxecto Referentes de vida, mulleres do noso pobo que se desenvolve con Cruz Vermella e que conta coas participantes dos obradoiros de memoria e do grupo de voluntariado Turbina.

Polo que se refire ao manifesto institucional deste ano, porá o foco nas mulleres referentes actuais e do pasado como é o caso daquelas que formaron parte do equipo feminino de balonmán nos anos 60 e 70 e Lupe Tubío como referente actual a proposta de Unión de Muchachas.

Ademais destes actos, o programa de actividades conta cuns obradoiros que se van desenvolver nos meses de marzo e abril no marco do programa Muller e Saúde sobre sexualidade, xestión emocional, boxeo e adestramento activo de solo pelviano. Estes obradoiros serán gratuítos e requiren inscrición previa no Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro.

Ademais destes obradoiros específicos, coas Concellerías de Cultura e Educación realizase para os meses de marzo e abril unha programación cultural que engloba teatro para público infantil e familiar e tamén adulto con cine educativo. “Nestes meses ampliamos a programación que se desenvolve na casa da cultura e aportando iniciativas de teatro e cinema non solo os venres senón tamén os domingos, ofrecendo unha alternativa lúdica para desfrutar en familia á vez que apostamos pola educación en valores gracias ás sinerxías entre os departamentos de Servizos Sociais, Cultura e Educación”, sinalou na presentación da axenda do 8M a concelleira de Culura, María Outeiral.

PROGRAMA MULLER E SAÚDE

Mércores 20 de marzo, 16 a 19 horas – Centro Social de Boiro: Sexualidade en mulleres adultas

Venres 22 de marzo, 16 a 19 horas – Centro Social de Boiro: Xestión emocional durante o embarazo

Sábados 6, 13 e 20 de abril, 11 horas – Centro Social de Boiro: Adestramento activo de solo pélvico

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES CULTURAIS

Venres 8 de marzo, 20.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: teatro infantil e familiar Monstros

Domingo 17 de marzo, 19.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: teatro infantil e familiar Cacho animalada

Venres 22 de marzo, 20.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: teatro infantil e familiar Antón, un neno diferente

Domingo 24 de marzo, 19.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: cine familiar 20.000 especies de abellas

Venres 5 de abril, 21.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: teatro adulto Testosterona

Domingo 7 de abril, 19.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: cine familiar Billy Elliot

Domingo 14 de abril, 19.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: cine familiar Uno para todos

Venres 19 de abril, 21.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: teatro adulto: Apaga o candil

Venres 26 de abril, 21.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: Deadpan karaoke

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.