Homenaxe a Valle-Inclán a carón da súa escultura na Alameda de Santiago, coa participación do museo pobrense que leva o seu nome

08 Marzo 2024

Este xoves, a choiva non impedía a celebración do acto de homenaxe a don Ramón del Valle-Inclán na alameda compostelana. Como cada 7 de marzo dende o ano 2007, e convocadas pola Fundación Eugenio Granell de Santiago en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal e o Foro Galicia e Valle-Inclán, reuníronse distintas representacións da política e da cultura da capital galega para impoñer ao autor máis internacional do país a bufanda bermella e ler públicamente extractos literarios de textos seus sobre a eterna Compostela que o autor co seu preciosismo estético e trascendencia espirirual significa elevándoa ao epítome de «Rosa mística de pedra».

Son xa 17 anos ininterrumpidos desta cita que estreita lazos de colaboración entre as dúas entidades museísticas e as dúas localidades valleinclanianas de Santiago de Compostela e A Pobra do Caramiñal. Lugares de forte raigame biográfica, creativa e afectiva para un galego extraordinario ao que o propio Alfonso D.R. Castelao cualificaba como o mellor artista de Galicia.
A data elixida marca a efeméride da derradeira estadía galega de Valle-Inclán na súa Terra; un 7 de marzo de 1935 chegaba en ferrocarril á estación de Cornes onde sería recibido por un grupo de xoves simpatizantes e vellas amizades e acompañado ata o flamante Hotel Compostela, daquela o establecimento máis moderno e de moda na cidade. Pouco despóis ingresaría no sanatorio do doutor Villar Iglesias para ser tratado da doenza que finalmente, e logo de longa convalecencia, implicaría o seu falecemento aquí un 5 de xaneiro de 1936. Víspera do día de Reis en que foi sepultado co cemiterio de Boisaca baixo unha grande louse rústica trasladada dende O Barbanza.

Entre os meses de marzo e agosto daquel 1935 e dende Compostela, antes do agravamento definitivo da enfermidade que primeiro dificultaría e logi impediría as súas saídas do centro medico onde ingresara, don Ramón del Valle-Inclán realizaría varias excursións polo país: Vigo, Ferrol, Ourense, Betanzos, Sada, A Pobra… en íntima comunión con amigos como os doutores Devesa e Arguindey, Tanis de la Riva, Isidoro Peña, García Martí, Andrés Díaz de Rabago etcétera. Despedíndose da Galicia que recrea unhas veces como escenario épico e outras como terra mítica de sucesos maravillosos ou liortas costumistas, en raciáis comedias bárbaras, en divinas comedias de aldea ou en taboleiro dun xadrez de episodios íntimos. Nos derradeiros tempos Valle-Inclán, xenio e figura popularísima en 1935, pasea polas rúas quedas e polas sendas da alameda de «Brumosa», asiste a sonados en cafés como El Español e no Casino, deixase fotografiar para a prensa gráfica segue escribindo dende a súa cama de sanatorio ata o derradeiro latexo da súa vida. Razóns que, resumidas na brevísima crónica deste xornal, motivan testemuñas admirarivas e de recoñecemento na capital do país galego hoxe.

Entre os asistentes o acto estaban Eduardo Valiñas, director da Fundación Eugenio Granell (Santiago de Compostela); Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal); Xaquín del Valle-Inclán Alsina, neto e biógrafo do escritor obxecto da homenaxe. Tamén asistiron representantes de todos os grupos políticos da corporación municipal de Santiago de Compostela: Míriam Louzao (BNG), concelleira de cultura, turismo, educación e memoria histórica, José Antonio Constenla (PP), Olaya Otero (PP), Mercedes Rosón (PSdGA) e Xan Duro (Compostela Aberta).

Sendo disculpada a presenza da alcaldesa do Concello de Santiago, Goretti Sanmartín, persoa habitual a esta cita, por xustificadas razóns e Ánxo M. Lorenzo Suárez, director xeral de cultura da Xunta de Galicia.

Entidades culturais e sociais da cidade, entre elas: Belén Hernández (xerente do Consorcio de Santiago), Luís Menéndez (Presidente do Clube Internacional de Prensa de Galicia), Benigno Amor (director do Museo Casa da Troia), Pilar Sampedro (Ateneo de Santiago), Santiago Bermejo (Sociedade Económica de Amigos do País) María Esther Rodriguez (A.C. Carlos Maside), así como profesionais do ámbito das artes escénicas con apego ás representacións dos textos valleinclanianos sobre escenarios, centros escolares e prazas de numerosas vilas galegas, entre eles, o Jorge Rey (director e actor de Teatro Cachirulo) e Roberto Leal (este 2024 finalista ao premio María Casares de Teatro como mellor artista secundario).

Outros artigos

Sábado con chuvascos e baixa da temperatura

O sábado Galicia queda na influencia das baixas presións que se situarán ao norte da Comunidade, deixando unha xornada de chuvascos localmente treboentos máis intensos no litoral e que irán a menos co avance da tarde, sendo pouco probables no interior pola noite. A...

+

Atopan o cadáver dun home no seu domicilio en Noia

Un home de 78 anos foi achado sen vida no seu domicilio. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia accedeu ao interior da casa a través dunha xanela, xa que non puideron abrir a porta, a cal estaba pechada con chave. O corpo sen vida pertencía a un residente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

Este ano de 2024 celebramos meio século dende aquele Abril dos Cravos, Portugal era uma ditadura, os jovens capitães rebelaram-se e tomaram o poder, sendo um exemplo global ao entregar o poder ao povo.O contra-sinal do levante era “E depois doa deus”, depois a...