O Museo de Pontevedra inaugura unha mostra fotográfica de Xan Carballa sobre o regreso dos restos mortais de Castelao á súa terra

08 Marzo 2024

O Museo de Pontevedra acolleu este xoves 7 de marzo a inauguración da da mostra Castelao: o retorno a Galicia: 1984. Organizada pola Deputación de Pontevedra, a exposición conta a historia dun dos momentos clave da Transición en Galicia: a chegada dos restos mortais do escritor, debuxante e político rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao a Santiago de Compostela en 1984. No acto participaron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente da entidade provincial, Luis López.

Rodríguez destacou “o papel fundamental que ten Castelao en Galicia, pioneiro no labor de unir lazos e por ser símbolo de concordia e unión de todos os galegos, ademais de ser o pensador e autor máis emblemático de Galicia ano século XX, pero tamén unha das figuras clave da evolución institucional e democrática galega”. E engadiu: “Falamos dun persoeiro que é parte do pobo galego e que representa as aspiracións últimas da nosa terra: liberdade, aperturismo, igualdade, solidariedade, conciliación, desenvolvemento e futuro”.

A mostra, comisariada por Xosé Enrique Acuña e conformada por 52 fotografías de Xan Carballa realizadas hai catro décadas, dá conta do lugar privilexiado que Castelao “ocupaba e ocupa no imaxinario popular galego como emblema da nosa fraternidade”, sinalou o titular de Cultura sobre ese acordo unánime de todas as forzas parlamentarias de traer a Galicia os restos mortais de Castelao.

Esta exposición, que estará dispoñíbel ata o 2 de xuño, enmárcase na celebración do 40 aniversario da volta dos restos mortais de Castelao desde Bos Aires. O 28 de xullo de 1984 foi a data na que regresaron a Galicia, polo que ao longo dos meses de verán, a Xunta e a Fundación Castelao queren recordar este acontecemento tan sinalado na historia da cultura galega.

Convite do presidente provincial

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, animou á cidadanía a visitar a exposición para “valorar o avance e a convivencia da sociedade galega” e coa que o Museo de Pontevedra inicia o programa expositivo do ano 2024. “Desde este edificio que leva o seu nome reafirmamos a nosa vocación de tender pontes con todos e para todos; coas raíces de Castelao e a provincia do futuro, con todos os sectores sociais, todos os territorios e todos os cidadáns porque na construción dunha terra mellor non sobra ninguén”, afirmou Luis López.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.