Neste punto de inflexión entre abril e maio o alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume IX, impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira para favorecer a inserción laboral da poboación da nosa comarca, realizou un importante traballo de limpeza e mellora de...
Os CEIP Santa Irene, Campanario e Portosín mostran na fachada marítima do Son os traballos do Concurso de Maios
O Concello de Porto do Son convocou esta tempada a todos os colexios de Infantil e Primaria do municipio para festexar a chegada da primavera. En concreto, a Concellería de Medio Ambiente organizou un Concurso de Maios aberto a todos os CEIP e no que participaron...
O arcebispo reorganiza os arciprestados da Diocese de Santiago de Compostela
O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco José Prieto Fernández asinou o decreto polo que se reorganizan os arciprestados da Diocese de Santiago de Compostela. Neste Documento, o arcebispo indica que ao longo destes anos os arciprestados foron na...
Porto do Son celebra a XXII Xuntanza de Confraternidade dos Maiores
Mais de 700 veciños do Son particiaron este domingo na XXII Xuntanza de Confraternidade dos Maiores. A xornada organizada polo concello iniciouse cunha misa na igrexa de San Vicente de Noal no que cantou o Coro Parroquial de Porto do Son. Posteriormente celebrouse o...
Galicia Rompe (antes Rompetiño Jump) desenvolverase os días 5 e 6 de xullo no Son e contará con La Zowi, Kaydy Cain, Jarfaiter, Kake e Al Safir
A organización de Galicia Rompe (evento de cultura e deporte urbanos de Porto do Son anteriormente coñecido como Rompetiño Jump) compartiu este mes de abril o cartel da nova edición do festival, un dos grandes acontecementos do panorama xuvenil de citas estivais....
Rematadas as obras de reforzo dun noiro na estrada AC-550 no Lugar de Abuín, en Porto do Son
A Xunta vén de rematar as obras de reforzo do noiro entre a estrada AC-550 e o camiño municipal do lugar de Abuín, no concello de Porto do Son. Remataron así os traballos na marxe esquerda desta vía, na parroquia de San Pedro de Baroña, ao norte do núcleo rural...
A Deputación achega axudas para as oficinas de turismo da Pobra, Boiro, Carnota, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rianxo e Ribeira
A oficina de turismo de Boiro A Deputación da Coruña inviste este exercicio 774.470 euros no programa de subvencións para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo dos concellos da provincia de menos 50.000 habitantes. Son 48 os beneficiarios, que se...
En Portosín xa se respira o nacional de ILCA 4
Juan Caballero (texto e fotos). A ría de Muros e Noia será escenario, do 1 ao 5 do próximo mes de maio, do Campionato de España de ILCA 4 (anterior Láser 4.7), modalidade por excelencia xuvenil na vela española e que achegará á comarca do Barbanza a 150 regatistas...
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha nova xeira de deseucaliptización na nosa comarca: desta volta en Baroña o domingo 28
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca a segunda das xornadas de voluntariado a prol dos montes autóctonos e tradicionais do seu programa de sustentabilidade participativa. Desta volta ponse o foco nos montes de Baroña, en Porto do Son, novamente co obxectivo de...
Cáritas Diocesana aproba as contas do ano 2023 cun saldo positivo
Socios, achegas, donativos e colectas sitúanse no primeiro lugar dos ingresos cun 33%. Cáritas Diocesana de Santiago obtivo un resultado positivo de 533.476 euros, segundo o exercicio económico do ano 2023 aprobado durante un Consello que presidiu o arcebispo de...
A Escola de Música do Son celebra en maio tres xornadas de portas abertas
A Escola de Música de Porto do Son celebra este mes de maio un ciclo de xornadas de portas abertas para dar a coñecer a súa actividade, o seu equipo humano e as súas instalacións ante as familias e as rapazas e rapaces que queiran introducirse no apaixonante mundo da...
O Concello do Son ultima os arranxos da pasarela de Seráns e mellora os accesos de Carballosa, Miñortos, Caamaño e Xuño
O Concello de Porto do Son impulsou este mes de abril novas frontes de traballo nas parroquias e nos núcleos tradicionais dirixidos a acondicionar accesos e infraestruturas, mellorar servizos, impulsar os tesouros turísticos e garantir a seguridade, traballos dos que...
Queiruga celebra a segunda Festa dos Maios con actividades para os pequenos, regueifas e unha foliada con Pan Sen Fron
A Asociación Folclórica Chorimas de Queiruga e o Concello de Porto do Son organizan os días vindeiros (en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña) a segunda edición da súa Festa dos Maios, unha celebración de música, baile, traxes e cultura tradicional...
Publicadas no DOG as axudas ao embelecemento do litoral, con 14 proxectos turísticos en 8 concellos do Barbanza
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este 23 de abril a resolución da liña de axudas destinada a concellos galegos de menos de 10.000 habitantes coas que a Xunta de Galicia busca o impulso e consolidación turística do rural galego ao tempo que promove a...
As contas de Porto do Son medran un 4,8% con respecto ás do ano pasado
O pasado venres 19 a Corporación municipal de Porto do Son celebrou a súa sesión plenaria do mes de abril, na que se aprobaron os orzamentos para este ano, que teñen unha contía de 12,3 millóns de euros e que representan un incremento con respecto ás contas de 2023...
Porto do Son acolle o vindeiro 30 de abril un curso sobre alimentación na nenez
Este mes de maio o Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (Consellería de Sanidade) organiza un Curso de Alimentación na Primeira Infancia, con recursos teóricos e prácticos nutricionais e saudábeis de utilidade para nais,...
O Concello de Porto Son acelera o proceso para pór a disposición do SERGAS o inmóbel que acollerá o novo centro de saúde
O Concello de Porto do Son compartiu nova información sobre o proxecto para crear na vila sonense un novo centro de saúde, un proxecto que implica a compra dun edificio sen rematar no centro de vila e en cuxa adquisición o Goberno local investirá finalmente 350.000...
O 30 de abril a fachada marítima de Porto do Son acollerá a exposición aberta do Concurso dos Maios
O Concello de Porto do Son convocou a todos os colexios de Infantil e Primaria do municipio para festexar a chegada da primavera. En concreto, a Concellería de Medio Ambiente organizou un Concurso de Maios aberto a todos os CEIP e no que participarán finalmente, logo...
A Casa da Cultura de Caamaño acollerá un festa para nenos e maiores con motivo do 1 de maio
A ANPA TKD de Caamaño vai celebrar o primeiro de maio cunha gran festa interxeracional na Casa da Cultura, a partir das 12.00 horas do mércores 1. A entrada será libre. A cita inclúe todo tipo de actividades para nenos e maiores; inchábeis, xogos creativos,...
Catorce profesionais municipais participan no 1º encontro de técnicos de turismo da Costa da Morte e de Muros-Noia
Un total de catorce técnicos de turismo celebraron o I Encontro de técnicos/as de turismo da Costa da Morte e Ría da Estrela (ría de Muros-Noia) en Carnota. Unha xuntanza na que participaron, entre outros, profesionais dos Concellos de Dumbría, Carballo, Ponteceso,...
O calendario de orientación deportiva de Porto do Son arrinca o 12 de maio nos montes de Nebra
O concello de Porto do Son promete ser esta tempada un fervedoiro de opcións deportivas e de lecer. Para exercitar e acondicionar corpo e mente, a ADC Arnela e o Concello achegaron un completo calendario de actividades de orientación deportiva. "Queremos que nova...
A Xunta apoia con 622.000 euros máis de 14 proxectos turísticos en 8 concellos do Barbanza
A Xunta resolveu a segunda convocatoria da liña de axudas destinada a concellos galegos para levar a cabo accións de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, cun investimento global de máis de 2,7M€. Na comarca do Barbanza foron beneficiarios un...
As mulleres do Son participaron nunha actividade formativa sobre hábitos saudábeis
A semana pasada celebrouse en Porto do Son o curso gratuíto Muller e Saúde, programado pola formadora Begoña García Cepeda. A actividade formativa, moi concorrida, foi inaugurada no local do Club de Xubilados polo concelleiro de Benestar Social, Pepe Lijó, e a...
O 26 de maio celébrase a Andaina de Porto do Son encadrada na II Liga Galega de Sendeirismo
Xa temos na Rede toda a información relativa á Andaina de Porto do Son da II Liga Galega de Sendeirismo que organiza o Club Trabandainas (coa colaboración da Área de Deportes do Concello), incluída no Calendario de Actividades da Federación Galega de Montañismo. A...
O alumnado de Tahume IX completa a súa formación teórico-práctica
A semana pasada un grupo de alumnas e alumnos do Obradoiro de Emprego Tahume IX, impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira para favorecer a inserción laboral da poboación da nosa comarca, presentouse ás probas da Educación Secundaria Obrigatoria (ESA) que se...
Prosegue a súa xira a mostra dixital Experiencia Europa (o 15 de abril en Porto do Son)
A oficina Europe Direct A Coruña (Deputación da Coruña) organiza esta tempada unha iniciativa itinerante para amosar á cidadanía e ás entidades locais a realidade da transformación tecnolóxica na que está mergullada a UE: Experiencia Europa. Este proxecto forma parte...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Tempo de cambios”. Xulio Xiz
Falando a un grupo de non galegos da Galicia rural dos sesenta, cando mencionei as zocas, unha das rapazas preguntou qué eran. Expliquei que daquela no rural os zapatos eran para as festas, as zocas eran o calzado dos meus avós na aldea, e para ir a feiras ou festas o...
“Soldados contra o lume no Barbanza”. Antón Luaces
Ata o vindeiro mes de outubro, unha decena de patrullas da Brigada Galicia VII (Brilat), unidade de infantaría lixeira do Exército de Terra de España, creada en 1966 como Brigada de Infantería Aerotransportable, váise encargar de patrullar a serra do Barbanza, tarefa...
“Emerxencia no libro galego”. Xosé Antonio López Silva
Consorcio Editorial Galego, a principal distribuidora do libro en galego desde hai un cuarto de século, anunciou hai uns días que está a piques de entrar en concurso de acredores. Mantén unha débeda de entre trescentos e cincocentos mil euros cunhas sesenta pequenas...
“Me duele”. Manuel Dominguez III
Me duele. El doctor me pregunta dónde. Me duele la Universidad, concretamente la gallega y más concretamente la Compostelana, la USC.- Me duele leer que la universidad en España baja de las 500 mejores en una lista de 1.000. Ranking de Shanghái. Cuando leo como...
“Recendo a gloria”. Luís Celeiro
O desenvolvemento da sociedade e da ciencia andan emparellados, arrastrando un polo outro edándolles traballo aos investigadores, que queren saber e expoñer o que ocorre e por que ocorre,cales son as causas, os procesos e as miles de combinacións que poden producirse...



























